«El ejercicio físico y los hábitos de vida saludable son esenciales para la prevención del cáncer y para potenciar el bienestar de los pacientes oncológicos», é o principio que inspira a creación da Cátedra AECC-UDC Exercicio Contra o Cancro. Unha iniciativa que dará forma a unha «red de exercicio» contra esa enfermidade, cuxa base é «la humanización de la atención a pacientes y sus familiares», resalta o doutor Manuel Giráldez, profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña (UDC) e coordinador do proxecto, que acaba de recibir da Fundación Científica da Asociación Española contra o Cancro (AECC) unha axuda de 150.000 euros en tres anos.
A razón de que xurda esta Cátedra AECC-UDC Exercicio Contra o Cancro é porque a AECC, para superar determinadas carencias que podían ter os pacientes e os seus familiares na atención (carencias que, fundamentalmente, eles centran na inequidade, é dicir, na desigualdade no acceso ás oportunidades, ben por razóns económicas, sociais, xeográficas etc.), pon en marcha unha iniciativa onde se xerase unha colaboración estreita entre o ámbito universitario e o sanitario, ofertando 10 cátedras a nivel nacional, facendo posible que o coñecemento potencial e as capacidades que ten a Universidade puxésense a traballar á beira dos sanitarios, concedendo finalmente una das axudas á Universidade da Coruña.
Búscase que os cidadáns teñan, coa maior facilidade, a posibilidade de acceder a unha práctica segura do exercicio físico, de maneira que o paciente poida ter centralizada a información, e que as persoas ou entidades vaian adquirindo de maneira voluntaria esa rede, e desde a cátedra axudar a cumprir eses estándares. Unha vez que os pacientes entenden como o exercicio pode beneficiar a súa saúde e adquiran a confianza necesaria para iniciar a súa práctica, é fundamental que os profesionais sanitarios estean ben capacitados para guialos. É por iso que, vai tentar formar lor primeiros, a través da Axencia Galega de Coñecemento dá Saúde (ACIS), ofrecendo cursos específicos que salientan non só os beneficios do exercicio físico fronte ao cancro, senón tamén as técnicas e estratexias que os sanitarios poden empregar para motivar aos seus pacientes.