Novas

Ghenova celebra as xornadas de Ciberseguridade no sector naval no Porto de Ferrol

26/06/2024

 

Ghenova, xunto á Autoridade Portuaria de Ferrol e co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Asociación da Agrupación industrial do Naval Gallego (ACLUNAGA) e a Cátedra Ghenova-UDC, organizou unha xornada dedicada a abordar os desafíos e solucións neste ámbito. A ciberseguridade no sector naval é crucial debido á crecente dixitalización e a dependencia de sistemas interconectados que aumentan a vulnerabilidade a ciberataques.

 

O evento, celebrado na Sala Curuxeiras da Autoridade Portuaria de Ferrol, foi inaugurado polo Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, Francisco Barea Paz quen destacou que “La digitalización nos ayuda a mejorar y optimizar las operaciones portuarias, pero también acrecienta las amenazas ante las que debemos estar preparados. Somos nodos cruciales de suministro global, infraestructuras críticas, por lo que la seguridad de los sistemas informáticos y la protección de datos son aspectos esenciales para el funcionamiento óptimo del sistema portuario”.


Pola súa banda o alcalde de Ferrol, #José Manuel Rey Varela, inaugurou a xornada facendo énfase en que “Los avances en el campo han aumentado exponencialmente las oportunidades para las empresas, pero dichos avances vienen de la mano de riesgos nuevos y desconocidos”, advertiu, sinalando que a xornada “ayudará a empresas y organizaciones relacionadas con el sector naval a afrontar estas amenazas mediante el conocimiento de métodos para cortarlos». Así mesmo, fixo fincapé en que «la ciberseguridad debe entenderse como una inversión en lugar de un gasto porque la protección de datos, ideas y proyectos es clave para el éxito negocios hoy».

 

O primeiro relatorio maxistral correu a man de José Ángel Hernández Rodríguez, Capitán de Navío e Xefe do Estado Maior do Mando Conxunto do Ciberespazo, quen abordou as ciberamenazas do século XXI, explicando as principais ameazas dixitais que enfrontan as infraestruturas navais na actualidade.

 

Posteriormente, o Director de Ciberseguridade de Ghenova, Enrique Cubeiro, expuxo no seu relatorio «Malware por la proa», os motivos polos que os buques son as entidades máis difíciles de protexer fronte ás ciberamenazas e como as novas esixencias en materia de Ciberseguridade van transformar en moi curto de espazo de tempo o sector da construción naval, afectando a todo o ecosistema: estaleiros, integradores, provedores, desarrolladores… Tamén aproveitou para presentar a guía de boas prácticas de ciberseguridade en buques, elaborada pola empresa e descargable de forma gratuíta desde a web de Ghenova, da que destacou as súas dúas características diferenciadoras respecto a outras similares: a súa linguaxe comprensible e o que contempla todo o ciclo de vida do buque.

 

Pola súa banda, Rafael Dominguez de ACLUNAGA, explicou os detalles das Axudas ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) para o fomento de proxectos colaborativos de dixitalización.

 

Para completar a xornada, celebrouse unha mesa redonda sobre os “Retos de Ciberseguridad en el sector naval”  moderada por Luis Carral, Catedrático de Construción Naval na Universidade da Coruña. Entre os participantes desta mesa, puidemos escoitar a análise de Juan Ignacio Silvera, Director de Programa de Produtos Intelixentes en Navantia; Pedro Sánchez Arancón, capitán de navío, Xefe de Sistemas Navais da DGAM; Jaime Pancorbo Crespo, Director Técnico da División Naval e Offshore en España e Portugal de Bureau Veritas; Marian Gálvez, Directora de Desenvolvemento de Negocio Marítimo en Iberia, Italia e Malta en DNV; Juan Antonio Mouteira Moreno, Director de Sistemas e Ciberseguridade en Aeromarine; José Carlos Campos Arcas, Xefe da División de Tecnoloxía e Innovación da Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao; Miguel Ángel García Marín, Director de Proxectos de Ciberseguridade en GHENOVA.

 

A xornada foi clausurada polo Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado, quen explicou que «uno de los sectores declarados estratégicos y para el que la Xunta prepara un plan director que pretende afrontar retos como la digitalización, la incorporación de talento o la contratación y formación de profesionales. Todo esto pasa por una transformación del sector productivo y es ahí donde el Grupo Ghenova contribuye a la consecución de estos objetivos”. O Conselleiro tamén destacou o papel crave de Ferrol, onde se atopan empresas líderes do sector que contribuíron ao desenvolvemento tecnolóxico como Navantia, anunciando que «Somos la primera región comunitaria que viene de adaptar la normativa europea de IA con el desarrollo de una ley propia que próximamente será validada por el Consejo de la Xunta como paso previo a su tramitación en el Parlamento de Galicia».