CÁTEDRA



En xuño de 2021 formalizase a creación da Cátedra Ghenova UDC de industria 4.0. entre Ghenova e a Universidade da Coruña.  Preséntase como unha nova etapa de transformación industrial, e implica a promesa dunha revolución que combina técnicas avanzadas de producción e operacións con tecnoloxías intelixentes, que integraránse nas organizacións, as persoas e os activos.
 
Esta nova transformación industrial moi posiblemente estará sustentada na chamada fábrica intelixente, caracterizada pola interconexión de máquinas e de sistemas no propio emprazamento de producción. Tamén apoiarase nun fluido intercambio de información da fábrica intelixente co exterior, en aspectos tan variados como o nivel de oferta e demanda dos mercados, os clientes, os competidores, e outras fábricas intelixentes. 
 
A Cátedra Ghenova-UDC ten como obxectivo fomentar actividades de formación relacionadas coa industria 4.0., e as novas tecnoloxías implicadas como a robótica, analítica, intelixencia artificial (IA), tecnoloxías cognitivas, nanotecnoloxía e internet das cousas (Iot), así como desenvolver novo coñecemento mediante a investigación nestas áreas.Tamén fomentarán actividades de divulgación nas empresas e a comunidade universitaria sobre a transformación industrial 4.0.. En particular fomentaráse a relación de colaboración co Instituto Panamericano de Enxeñaría Naval (IPIN), que engloba as institucións iberoamericanas neste ámbito. 
 
Sobre GHENOVA

Ghenova é unha empresa internacional con sede en Sevilla que ofrece servizos multidisciplinares de enxeñaría e consultaría con máis de 500 empregados, dos que o 80% son enxeñeiros. As liñas de negocio son Naval e Defensa, Enerxía e Industria, Transformación Dixital e Infraestruturas. Traballa en proxectos internacionais en máis de 25 países, desenvolvendo 900.000 horas de enxeñaría e consultaría ao ano.

Ten unha longa vinculación con Galicia, con oficinas en Ferrol e Vigo con preto de 150 profesionais, ademais de contar con sedes en diferentes países como Brasil, Colombia, Bolivia e Australia. 

A aposta pola diversificación, a sinerxía entre as áreas de negocio e a innovación continua sitúan a Ghenova entre as empresas líderes de enxeñaría en Europa e Iberoamérica. A experiencia acumulada ao longo de máis de 25 anos de actividade, os bos resultados e, sobre todo, a confianza dos clientes, contribúen a que siga medrando nos sectores tecnoloxicamente máis esixentes.

 

ACTUALIDADE

A Cátedra Ghenova de Industria 4.0 organiza unha xornada de ciberseguridade no sector naval na Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol

A Cátedra Ghenova de Industria 4.0Ghenova Universidade da Coruña  organizan unha xornada dedicada a abordar os desafíos e solucións no ámbito da ciberseguridade no sector naval o martes 29 de outubro na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol as 18:00h

Ler máis

Ghenova celebra as xornadas de Ciberseguridade no sector naval no Porto de Ferrol

O evento foi organizado por Ghenova xunto á Autoridade Portuaria De Ferrol e co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica, ACLUNAGA e a Cátedra Ghenova-UDC, onde expertos do sector naval reúnense para analizar os retos de ciberseguridade no século XXI durante estas xornadas.

Ler máis

ACTIVIDADES

A Cátedra Ghenova-UDC de Industria 4.0. organiza para o curso académico 2025/2026 as seguintes actividades formativas dirixidas a alumnos matriculados en 4º curso do grao en Enxeñería Naval ou Enxeñería Industrial, ou en 2º curso dos másteres que se imparten na Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF). 

A matrícula é gratuíta e as prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición seguindo os seguintes requisitos:

Reservaranse 5 prazas para matriculados de 4º curso do grao e as outras 5 prazas para os matriculados en 2º curso dos másteres que se impartan na EPEF, do presente ano académico. 

Curso básico de deseño e desenvolvemento de xemelgos dixitais

Datas de impartición:

       Venres, 24 de abril de 2026_ Módulo 1

       Venres, 8 de maio de 2026_ Módulo 2

       Venres, 15 de maio de 2026_ Módulo 3

Horario: de 16:00h a 19:00h

Lugar de celebración: Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol. Aula de informática 2. Campus de Esteiro

Período de inscrición: do 7 ao 21 de abril de 2026 a través da seguinte ligazón [pica aquí].

Curso básico de OpenModelica

Datas de impartición:

       Xoves, 30 de abril de 2026_ Módulo único 

Horario: de 16:00h a 19:00h

Lugar de celebración: Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol. Aula dos Talleres Tecnolóxicos (planta baixa). Campus de Esteiro

Período de inscrición: do 7 ao 24 de abril de 2026* a través da seguinte ligazón [pica aquí].






 

Próximos eventos:

  • 24/04/2026: Curso básico de deseño e desenvolvemento de xemelgos dixitais_módulo 1
  • 30/04/2026: Curso básico de OpenModelica_módulo único
  • 08/05/2026: Curso básico de deseño e desenvolvemento de xemelgos dixitais_módulo 2
  • 15/05/2026: Curso básico de deseño e desenvolvemento de xemelgos dixitais_módulo 3

Últimos eventos:

  • 09/05/2025: Introducción ao Xemelgo Dixital con AMESIM, curso básico_impartición módulo III
  • 25/04/2025: Introducción ao Xemelgo Dixital con AMESIM, curso básico_impartición módulo II
  • 04/04/2025: Introducción ao Xemelgo Dixital con AMESIM, curso básico_impartición módulo I
  • 29/10/2024: Conferencia "Ciberseguridade no sector naval" por Enrique Cubeiro Caballero, Director de ciberseguridade de Ghenova
  • 26/06/2024: Xornadas sobre "Ciberseguridad en en Sector Naval"




DOCUMENTACIÓN



DESCARGAR Curso básico de OpenModelica 2026
DESCARGAR Curso básico de Introdución ao Xemelgo Dixital con AMESIM 2026
DESCARGAR Curso básico de Introdución ao Xemelgo Dixital con AMESIM 2025
DESCARGAR Curso básico de deseño e desenvolvemento de xemelgos dixitais 2023
DESCARGAR Curso básico de Introdución ao Xemelgo Dixital con AMESIM

FINANCIAMENTO



A Cátedra Ghenova-UDC de industria 4.0.conta cunha achega económica anual de 20.000 euros.

 

CONTACTA CON NÓS





Director Cátedra: Luis Carral Couce
e-mail: comunicacion@fuac.es
Escola Politécnica Superior - UDC
Campus de Esteiro, Rúa Mendizábal s/n 
15403 Ferrol