A Cátedra Ghenova de Industria 4.0, Ghenova e Universidade da Coruña organizan unha xornada dedicada a abordar os desafíos e solucións no ámbito da ciberseguridade no sector naval o martes 29 de outubro na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol as 18:00h
A xornada contará cunha ponencia a man de Enrique Cubeiro, Director de ciberseguridade de GHENOVA, quen abordará as ciberamenazas do século XXI as que se enfrontan as infraestruturas navais na actualidade. A ciberseguridade no sector naval é crucial debido a crecente dixitalización e a dependencia de sistemas interconectados que aumentan a vulnerabilidade a ciberataques.