Novas

A Cátedra ALDABA-WIB participa un ano máis na VII edición do Congreso XoveTIC entregando o premio 'Al más relevante liderado como primera autora una mujer'

22/10/2024

 

A Cátedra Aldaba-WIB(Women, ICT & Business) entregou un dos premios do VII Congreso XoveTIC, celebrado o 17 e 18 de outubro no CITIC, que contou coa participación de 120 investigadores júnior. O evento busca dar visibilidade ao talento das novas xeracións de investigadoras e investigadores da área das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

 

Durante a cerimonia de clausura, entregáronse 9 premios que recoñecen a excelencia nos traballos máis destacados do congreso. Cada galardón ten unha dotación económica de 300 euros. 

 

O premio da Cátedra Aldaba-WIB foi concedido ao traballo “Effectiveness of Virtual Reality in Reducing Public Speaking Anxiety: A Pilot Study” de María Oliveira, Raquel Simões de Almeida, Paulo Veloso Gomes, João Donga, Bruno Teixeira, António Marques e Javier Pereira. Trátase dun estudo piloto que mostra, utilizando a realidade virtual, como reducir a ansiedade ao falar en público. 

 

Le aquí a noticia completa con todos os galardoados do VII Congreso XoveTIC.