Novas

A Cátedra HM-UDC convoca o II Premio á mellor publicación do ano 2023 relacionadas coa Traumatoloxía do Deporte en España

06/06/2024

 

A Cátedra de Traumatoloxía do Deporte da UDC lanza a II convocatoria do premio á mellor publicación científica do ano 2023 en Traumatoloxía do Deporte. 

 

A convocatoria do premio á mellor publicación científica do ano 2023 no ámbito da Traumatoloxía do Deporte está dirixida a aqueles que pertenzan a un grupo de investigación/traballo relacionado coa Traumatoloxía do Deporte e cuxo traballo fose publicado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023, en revistas científicas que aparezan citadas en revistas indexadas no Journal Citation Report (JCR) da última edición dispoñible. 

 

Os interesados poderán presentar a súa solicitude a través da seguinte ligazón (pica aquí) ata 30 de setembro de 2024 (prazo de presentación ampliado). Consulta aquí as bases da convocatoria.