Novas

A Cátedra Greenalia-UDC organiza un curso de verán sobre os desafíos da transición enerxética

07/06/2024

 

A Facultade de Economía e Empresa da UDC acollerá entre o 25 e o 28 de xuño, o primeiro curso de verán organizado pola Cátedra Greenalia-UDC para a  Transición Enerxética titulado “Os desafíos da transición enerxética dende as perspectivas climática, política, tecnolóxica, xeoestratéxica, profesional e empresarial”


O curso terá lugar os días 25, 26, 27 e 28 de xuño en horario de 9:30h a 13:30h, e de 15:30h a 17:30h no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa da UDC. 


Ao longo do curso analizarase a situación da transición enerxética desde a óptica académica, política e profesional. Afondarase en catro temáticas “Mercados energéticos y sistema eléctrico”, “Políticas energéticas y climáticas”, “Calidad democrática” e “Experiencia empresarial y visión estratégica-Cadena de Valor”.


Entre os ponentes atópanse tanto expertas/os académicos de recoñecido prestixio como Xavier Labandeira (UVIGO), Cristina Monge (UNIZAR), Isabel Soares (UPORTO), Cristina Peñasco (Cambridge Univ. e Banque de France), Sonia Zaragoza (UDC) e Jon Sampedro (BC3), como profesionais de empresas líderes do sector enerxético como Blanca Monteagudo (General Electric), María Moreno e Raúl Martín (Greenalia), Francisco Cancelo (Elecnor), Susana Gómez (NEXUS Energía) e Sergio Rodríguez (Sertogal). Contaremos, ademais, coa visión experta de Nicolás González Casares (PARLAMENTO EUROPEO), Ismael Bahillo (CNMC), Catarina Matos (CIIAE) e Luis Velasco (REDEIA-Red Eléctrica).


É unha oportunidade única para poder coñecer de primeira man a realidade laboral no sector grazas aos profesionais de empresas líderes da cadea de valor do sector da enerxía que impartirán conferencias neste curso.


O prezo da matrícula é de 25€ (Tarifa reducida), reservada a estudantes universitarios, Comunidade UDC, persoas desempregadas e persoas participantes na I Convocatoria dos Premios Galicia Renovable para TFGs e TFMs da Cátedra Greenalia-UDC. A Tarifa xeral é de 50€.


As persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata o 20 de xuño de 2024 a través do seguinte enlace (pica aquí).