Novas

A Reserva As Mariñas-Mandeo e as Cátedras UDC de Emalcsa e Hijos de Rivera únense para estudar como controlar a poboación do cangrexo americano no encoro de Abegondo-Cecebre

30/12/2022

O plan da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo para o control do cangrexo americano no encoro de Abegondo-Cecebre suma dous importantes aliados: as Cátedras da Universidade da Coruña con Emalcsa e Hijos de Rivera. As tres entidades colaborarán co desenvolvemento da iniciativa, segundo recolle o acordo alcanzado entre as tres entidades que se selou en Abegondo.


O presidente da reserva, José Antonio Santiso, asinou o convenio con Angel Fernández, director da Cátedra Hijos de Rivera-UDC, e con Moisés Canle, da Cátedra Emalcsa-UDC. A primeira céntrase na investigación para contribuír ao desenvolvemento sostible, mentres que a segunda aborda a innovación no subministración da auga coa finalidade de loitas contra o cambio climático, obxectivos aliñados coa intención de coidado ambiental que ten Mariñas Coruñesas.

 

Froito do acordo, ambas as cátedras involucraranse no proxecto de control do cangrexo americano, extraendo mostras de interese para os seus obxectivos. Así, achegarán cada unha un montante de 5.157,60 euros, supoñendo un total de 10.315,20 euros, para colaborar co programa.

 

O proxecto de control do cangrexo americano no encoro está a levalo a cabo a reserva dentro do plan de recuperación dotado con fondos Next Generation cun financiamento de 49.120 euros como máximo, sen incluír o IVE correspondente. Con esta achega das cátedras, o proxecto executarase 100% sen dedicar fondos propios desde a Reserva de Biosfera As Mariñas-Mandeo.

 

Con esta colaboración, compartirán coñecemento, algo esencial para a consecución dos traballos dos investigadores, especialistas na materia