Novas

A Cátedra NTT Data colabora na doazón de equipos informáticos a Ucrania

08/07/2022

 

A empresa NTT Data colabora coa entidade AGA-Ucraína para mellorar a dotación informática dun centro de educación na cidade ucraniana de Truskavets destinada a nenos e nenas desprazados a causa da guerra.

 

A Cátedra NTT Data en Diversidade e Tecnoloxía fixo de ponte entre a ONG e a empresa, favorecendo a donación de 13 ordenadores portátiles o pasado 5 de xullo. A Asociación galega de axuda a Ucrania trasladaraos e entregaraos na cidade ucraniana, emprazada xunto a fronteira con Polonia, que soporta un fluxo enorme de persoas desprazadas a causa da guerra.