Novas

Premio “Mellor experiencia docente en materia de atención á diversidade”

20/05/2022

 

Na sexta edición destas xornadas destinada á innovación docente organizadas pola UDC entregaráse por primeira vez un premio especial á mellor experiencia docente en materia de atención a diversidade, patrocinado pola Cátedra NTT DATA en Diversidade e Tecnoloxía. 


Tamén se entregarán outros dous premios á “Mellor experiencia docente” patrocinadas polas cátedras institucionais de NTT DATA, Cátedra R en Ciberseguridade e Vegalsa-Eroski.

 

Todos os premiados recibirán unha tablet de alta gama e certificación acreditativa.

 

A experiencia premiada patrocinada pola Cátedra NTT Data en Diversidade e Tecnoloxía foi para o proxecto Bibliodiversidade sonora. APS para a educación en diversidade afectivo sexual. Teresa Piñeiro Otero, Renèe de Palma Úngaro e Ana María Amigo Ventureira.

 

Podes ver en vídeo a entrega de premios nesta ligazón.