Novas

Homenaxe a Luis Fernández Somoza dándolle o seu nome a unha das aulas da Facultade de Economía e Empresa da UDC

18/04/2022

 

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presidiu este sábado a homenaxe da Facultade de Economía e Empresa a Luis Fernández Somoza, nun acto no que estaba o decano, Manuel Gómez e o director da Cátedra de Internacionalización Luis Fernández Somoza, Carlos Estevez Mengotti.

 

 

A Facultade de Economía e Empresa dedica a aula 1.6 a Luis Fernández Somoza, presidente de Cartesón S.L. e impulsor da Cátedra Luis Fernández Somoza para a internacionalización de estudos, como recoñecemento á súa gran contribución ás actividades académicas do centro, da que se beneficiaron tanto o alumnado como o profesorado. 

 

 

Ademais da inauguración da aula, o empresario asinou no Libro de Honra da Facultade.

 

 

A Cátedra ten organizado conferencias con personalidades de alto nivel como a ministra de Economía e Empresa, Nadia Calviño, a ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, o expresidente do Parlamento Europeo, Josep Borrell, e o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, ademais de empresarios referentes no seu sector.