Novas

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC charla sobre os retos da xestión da comunicación

04/04/2022

 

O segundo encontro do ciclo de charlas COMversacións organizadas desde a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC puxo o foco nos medios sociais e a intelixencia artificial como novos retos para a xestión da comunicación. Fixoo da man da directora de Comunicción da UPF Barcelona School of Managemente, Cristina Aced; da coordinadora do Campus Innova, Susana Ladra; da directora global de Comunicación e Relacións Institucionais do Grupo Nueva Pescanova, Tesa Díaz-Faes, e da directora da Cátedra e profesora da Universidade da Coruña, Carmen Costa, contando con máis dun centenar de alumnos entre os asistentes.

 

 

A sesión permitiu visualizar as grandes oportunidades que brinda o dixital, así como os retos que supón a súa aplicacion corporativa no ámbito comunicativo. Cristina Aced fixo fincapé no feito de que as redes sociais son unha potente ferramenta de comunicación e recordou que nos últimos anos os avances en intelixencia artificial permiten coñecer mellor aos stakeholders, a través da análise da big data, e comunicars con eles de forma personalizada e directa. 

 

"Sin embargo, el análisis masivo de datos también supone algunos retos, como la privacidad y la protección de datos personales. Y el mal uso de la inteligencia artificial nos obliga a enfrentarnos a desafíos como las fake news, que pueden poner en jaque la reputación de una empresa", sinalou esta especialista. Así, Aced incidiu no feito de que o uso de bots para a creación de fake news, desinformación ou estafas obriga a moitas organizacións a contar con seccións nas súas webs corporativas só para desmentir noticias falsas e recordou que as fake news teñen serias repercusións para as empresas como poden ser a perda de valor en bolsa, de reputación, de valor de marca ou de credibilidade. "Entre los bulos o noticias falsas, el asesoramiento legal es imprescindible para saber si hay que emprender acciones legales", explicou a experta.

 

 

Susana Ladra, por outro lado, recordou que a intelixencia artificial está cambiando a comunicación empresarial. "Es importante realizar el ejercicio de analizar las ventajas del uso de sistemas de inteligencia artificial para la gestión de la atención al cliente. Por ejemplo, la monitorización o escucha de redes sociales potenciada por la inteligencia artificial puede proporcionar información muy interesante que puede ser de utilidad para la reputación de una marca o encontrar nuevas audiencias a las que dirigirse", comentou a coordinadora do Campus Innova durante a súa intervención.

 

Ladra también afondou na innoavación nas ferramentas de comunicación con exemplos como a xestión de datos persoais, os anuncios personalizados, os chatbots redaccións, a personalización de contidos para mellorar a experiencia do lector, así como a importancia da privacidade a nivel regulatorio.

 

 

Tesa Díaz-Faes, por outro lado, abordou a xestión da comunicación corporativa; o uso da intelixencia artifical para monitorizar as campañas de branding e relacións públicas; e a dinamización en tempo real para seguir incrementando a notoriedade en función da resposta que estea tendo entre o público. A directora da Cátedra e profesora da UDC, por último, sinalour as oportunidades pero tamén a necesaria ética coa que as organizacións deben manexar ese gran volume de información que ofrecen as canles dixitais.