Novas

Luis Fernández Somoza da nome a unha das aulas da Facultade de Economía e Empresa

12/04/2022

 

A Facultade de Economía e Empresa dedicará a Aula 1.6 a Luis Fernández Somoza, presidente de Cartesón, S.L. e impulsor da Cátedra Luis Fernández Somoza para a internacionalización de estudios, como recoñecemento a súa gran contribución ás actividades académicas do centro, da que, tal e como publicou a propia Facultade, "se han beneficiado tanto estudiantes como profesores".

 

O acto de homenaxe, que terá lugar o sábado 16 de abril ás 13:00 horas na propia aula que en adiante levará o nome de Somoza, será presidido polo reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde.