Prazo de inscrición pechado.
No actual momento, a suministración asequible de enerxía eléctrica nos fogares constitúe unha necesidade humana básica para unha vida digna. Como tal necesidade, constitúe un dos maiores retos actuais dos Estados europeos, especialmente tras a crise aberta en febreiro do 2022 coa invasión rusa da Ucrania. As estimacións da Axencia Internacional da Enerxía (AIE, 2018) apuntan que, no horizonte temporal do 2040, a electricidade será a forma final de enerxía que vai experimentar un maior incremento, paralelo á sustitución inevitable dos combustibles fósiles no mix enerxético global.
Neste escenario, a presente xornada pretende abrir o debate sobre o papel que poden desempeñar as entidades locais no atendimento desta necesidade.
Se ben os concellos só teñen unha competencia específica sobre o servizo municipal de alumeado público, as posibles políticas públicas neste campo son cada vez maiores, e van alén dos textos legais clásicos do municipalismo. Desde o estímulo da eficiencia enerxética através de ordenanzas locais, a contratación pública e a política fiscal, até a produción e a comercialización eléctrica, pasando polo impulso das comunidades enerxéticas, os concellos están sendo chamados a asumir un maior protagonismo neste campo. A equidade social na era do cambio climático e a transición enerxética demanda inventariar as posibles follas de ruta que van caracterizar este futuro inmediato.
INFORMACIÓN
*Inscrición previa obrigatoria
Data de celebración: Do 13/01/2023 ó 13/01/2023
Data de inscrición: Do 09/12/2022 ó 12/01/2023
https://www.fundacion.udc.es/catedra-dereito-local/
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es
As políticas enerxéticas das entidades locais: novos escenarios