2021 Fall I & Fall II Global Leadership

Información xeral

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

OBXECTO DA CONVOCATORIA


A CÁTEDRA "LUIS FERNÁNDEZ SOMOZA" PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DOS ESTUDOS DE ECONOMÍA E EMPRESA NA UDC convoca 17 plazas para a participación no 2021 Fall I & Fall II Global Leadership para o estudantado matriculado nalgunha das titulacións da Facultade de Economía e Empresa da UDC.


Poderase participar na experiencia de simulación da World Federation of United Nation Associations (WFUNA) International Model United Nations (WIMUN) onde se aprenderá sobre os protocolos que gobernan a diplomacia internacional e se colaborará con outros estudantes nun entorno internacional para construir un consenso sobre un tema real da axenda da ONU. Ademais, formarase parte da Delegación Multinacional de Cultural Connections na Conferencia Virtual da  WIMUN. A superación do programa acreditaráse mediante a expedición dun certificado dixital co logo da WFUNA.

 

REQUISITOS

 

  • Dispor de DNI ou equivalente vixente no momento de tramitar a documentación.
  • Estar matriculado no curso 2020/21 nalgunha das titulacións oficiais de grao ou simultaneidades da Facultade de Economía e Empresa da UDC a tempo completo, e ao corrente de pago dos precios públicos.  
  • Estar matriculado no curso 2021/22 nun grao ou unha simultaneidade de graos, ou nun mestrado oficial da Facultade de Economía e Empresa da UDC a tempo completo, e ao corrente de pago dos precios públicos. A aceptación da praza suporá o compromiso de cumplir este requisito antes do inicio da actividade. 
  • Ter un nivel de ingés segundo o Marco europeo de referencia para as linguas de B2 ou equivalente debidamente acreditado. ​

 

SOLICITUDES


As solicitudes deberán presentarse:

  • Primer prazo de presentación das solicitudes ata as 22:00 h do 21 de xuño de 2021.
  • Abrirase un segundo prazo de solicitude no caso de que non se cubran as prazas a partir das 22:00 h do 21 de xuño de 2021.

A participación nesta convocatoria supón a aceptación das súas bases. 

 

CRITERIOS DE SELECCIÓN

 

  • Nota media do expediente segundo o RD 1125/2003, de 5 de setembro, e o protocolo de colaboración suscrito entre a consellería e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dos expedientes académicos.
  • Nivel de coñecemento de inglés segundo o  Marco común europeo de referencia para as linguas debidamente acreditado: C1 ou equivalente, 1 punto; C2 uo equivalente, 1,5 puntos.

*En caso de empate, aplicaránse os seguintes criterios: maior nivel de inglés; se o empate persiste, maior número de matrículas de honra e, se o empate ainda persiste, maior número de sobresaintes.

 

COMISIÓN DE SELECCIÓN


Presidente: Carlos Estévez Mengotti, director da cátedra Luis Fernández Somoza
Secretario: Manuel Alberto Gómez Suárez, decano da Facultade de Economía e Empresa
Vocal 1: Javier Landrove, vogal da cátedra Luis Fernández Somoza,
Vocal 2: Juan Pita, vogal da cátedra Luis Fernández Somoza.
A Comisión resolverá calquer dúbida relacionada con esta convocatoria e as súas decisións son inapelables.

 

OBLIGACIÓNS DOS/AS BENEFICIARIOS/AS

 

  • Presentar a documentación orixinal xustificativa dos méritos alegados no caso de que lles sexa requirida. A falta de xustificación adecuada suporá a pérdida da praza. 
  • Participar con aproveitamento en todas as actividades do programa.
  • Presentar unha memoria-resumo da actividade e cubrir a enquisa de satisfacción.

 

RESOLUCIÓN E PUBLICACIÓN


Finalizado o proceso de evaliación das solicitudes publicarase o listado de estudantes con praza concedida, o que se lles comunicará tamén por correo electrónico, e a lista de espera para o caso de existir renuncias ou incumprimentos. 

 

Os/as solicitantes adxudicatarios/as dunha praza serán informados mediante un correo electrónico a sua conta institucional (@udc.es), e disporán de dous días hábiles para aceptala seguindo as instruccións facilitadas en dito correo. De non recibirse a aceptación, entenderáse que renuncia á praza, que se ofertará á siguiente persoa na lista de espera seguindo o mesmo procedemento. 

Documentación a achegar

  • Expediente académico (debe incluir nota media do expediente segundo o  RD 1125/2003, do 5 de setembro, e o protocolo de colaboración suscrito entre a consellería e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dps expedientes académicos)
  • Acreditación do  nivel de coñecemento de ingés segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas.

Datas

Data de celebración: Do 30/08/2021 ó 14/11/2021

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/catedra-fernandez-somoza-udc/index.asp?id=61&idioma=GA

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

2021 Fall I & Fall II Global Leadership

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 30/08/2021 ó 14/11/2021
Horario:
Lugar: Facultad de Economía y Empresa. Campus de Elviña,