A Cátedra de internacionalización de Estudos Luis Fernández Somoza enmárcase dentro da idea de proxectar aos nosos estudantes e profesores internacionalmente, así como á recepción de personalidades académicas de prestixio, que aporten unha visión ampla na realidade complexa da globalización económica.
A formación dos economistas, tanto profesores coma estudantes, esixe unha adecuación á competencia internacional e á flexibilidade na adaptación a novos mercados e novos produtos, nunha economía cada vez máis transnacional. A planificación estratéxica da Facultade de Economía e empresa da Universidade da Coruña contempla este feito e a Cátedra pretende proxectalo como un elemento máis do programa.
A Cátedra estrutúrase a través dunha comisión de seguimento, que ten entre os seus obxectivos a mobilidade de profesores e estudantes, así como a presenza internacional da facultade a través de novos convenios de dobres titulacións de grao, mestrado ou doutoramento con outras facultades de economía e empresa internacionais e localizadas como estratéxicas. Así mesmo, promoveranse ciclos de conferencias con académicos de relevancia internacional e outras actividades de transferencia de coñecemento e tecnoloxía.
Dende aquí, invitamos tanto aos estudantes como ao profesorado a enriquecer a súa formación a través da internacionalización dos seus coñecementos e capacidades, a sabendas de que este é o camiño correcto para mellorar o benestar da nosa Economía e a satisfacción dos seus profesionais.
A recepción de profesorado de outros países supón para nós o eixe da relación con outros centros, polo que lles invitamos a contactar con nós neste proxecto, coa seguridade de que o intercambio de coñecementos será frutífero para ambos e permitiranos achegar máis as nosas economías e aos nosos profesionais.
Manuel Alberto Gómez Suárez
Director da Cátedra de Internacionalización Luis Fernández Somoza
A Cátedra Luis Fernández Somoza para a Internacionalización dos Estudos de Economía e Empresa da UDC organiza o 11 de outubro de 2024, ás 13:30 horas no salón de actos da Facultade de Economía e Empresa a conferencia de apertura do curso a cargo do Conselleiro Delegado de INDITEX, Óscar García Maceiras.
Co obxectivo de potenciar as relacións docentes-internacionais no ámbito da internacionalización a Cátedra Luis Fernández Somoza convoca axudas para estudantado da Facultade de Economía e Empresa da UDC que programas de mobilidade Erasmus+ ou Bilateral SM de fins de estudo e estudantes en prácticas ou recentemente titulados en prácticas no marco do Programa Erasmus+ SMT durante o curso académico 2024-2025, co fin de potenciar a colaboración entre a Facultade de Economía e Empresa da UDC e universidades estranxeiras.
Convocatoria axudas curso 2024-2025
Convocatoria de bolsas de formación para o estudantado da Facultade de Economía e Empresa (FEE) da Universidade da Coruña que estea a cursar graos únicos universitarios ou programas de dobre titulación (graos universitarios) e que participe en programas de mobilidade Erasmus+ ou Bilateral SM de fins de estudo e estudantes en prácticas ou recentemente titulados en prácticas no marco do Programa Erasmus+ SMT durante cúrsoo académico 2024-2025. (para máis información pica aquí).
Convócanse bolsas por 20.000 euros dunha contía individual de 1.000 euros para estancias anuais e 500 euros para estancias dun cuadrimestre. Reservaranse 10.000 euros para alumnado da 1ª convocatoria, 8.000 euros para alumnado da 2ª convocatoria e 1.000 euros para alumnado da terceira convocatoria. Tamén se reservarán 2 bolsas, cada unha por importe de 500 euros para estudantes en prácticas ou recentemente titulados en prácticas de mobilidade SMT.
As bolsas serán para estancias no curso académico (2024-2025) e abonarase un 80% no momento da concesión e o 20% restante no momento da finalización segundo os criterios indicados no punto 6 das presentes bases “Criterios e documentación para a Finalización”.
O período de solicitude estará aberto desde o 18 de xullo de 2024 ata o 30 de novembro de 2024.
Consulta aquí as bases da convocatoria
Convocatoria axudas curso 2023-2024
Convocatoria Axudas para publicacións científicas entre profesorado da F.E.E dá UDC e Universidades Estranxeiras. (para máis información pica aquí). [Ampliado o prazo de inscrición ata o 15 de maio de 2024. Axudas concedidas: 9 de 10]
Co obxectivo de potenciar a investigación no ámbito da internacionalización a Cátedra L.F.S. ofrece mediante a seguinte convocatoria axudas económicas para a publicación dos resultados dunha investigación entre profesores da Facultade de Economía e Empresa da UDC e profesores de universidades estranxeiras. Este programa finánciase con cargo ao convenio que ten subscrito a UDC á empresa Cartesón.
Dotaranse un máximo de 10 bolsas cunha contía individual de 1.000 euros.
O período de solicitude estará aberto desde o 22 de setembro de 2023 ata o 15 de decembro de 2023.
Consulta aquí as bases da convocatoria
Resolucións da convocatoria:
Convocatoria de bolsas para mobilidade de profesorado da Facultade de Economía e Empresa da UDC (para máis información pica aquí).[Axudas pendentes de concesión: 3]
Co obxectivo de potenciar as relacións docentes-intenacionais no ámbito da internacionalización, a Cátedra Luis Fernandez Somoza ofrece axudas económicas para financiar estancias breves en Widener University-Delaware e outras universidades estranxeiras (máximo 4 días de docencia) de profesores da Facultade de Economía e Empresa que impartan materias en inglés.
Concederanse ata 4 bolsas para impartir docencia nos programas oficiais da universidade de destino.
O período de solicitude estará aberto desde o 10 de outubro de 2023 ata o 31 de xullo de 2024.
Consulta aquí as bases da convocatoria
Resolucións da convocatoria:
O acordo entre a Universidade da Coruña e Cartesón S.L. ten unha duración inicial de tres anos e conta cun importe de 150.000 euros, a razón de 50.000 euros anuais destinados ao cumprimento dos obxectivos da Cátedra.