Novas

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC impulsa o libro ‘Climas de cambio. As novas sociedades do quecemento global’

18/09/2025

 

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC colabora na difusión do libro ‘Climas de cambio. Las nuevas sociedades del calentamiento global’, da Editorial Tirant lo Blanch, e baixo a edición do profesor do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña José Antonio Cortés Vázquez.


Este libro enmárcase dentro do proxecto de investigación liderado por Cortés, ‘Futuro da sociedade galega baixo o cambio climático: Proxección, caracterización e descrición’, e xorde a partir da recompilación de traballos de investigación sobre os cambios sociais en Galicia derivados do quecemento global. Actualmente atópase dispoñible a través da páxina Web da Editorial lo Blanch [link ao libro]. 


Algúns dos casos que se abordan no libro son a crise do marisqueo na Ría de Arousa; a xestión de incendios forestais; o impacto da avespa velutina ou o activismo ambiental da mocidade galega, entre outros.

 

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible

A cátedra ten entre os seus obxectivos fundamentais realizar actividades de investigación desde o ámbito universitario que contribúan ao desenvolvemento sostible da sociedade, e en particular, pretende fomentar modelos innovadores e disruptivos que garantan o equilibrio entre a competitividade económica, o respecto ao medio ambiente e o avance social.

 

[Link á noticia do Grupo de Estudos Territoriais (GET) da UDC]