Novas

A Cátedra ALDABA-WIB colabora un ano máis na Feira de Prácticas e de Emprego que organiza a Facultade de Informática da UDC

22/04/2025

 

A Cátedra ALDABA-WIB colabora un ano máis na VI Feira de Prácticas e de Emprego que organiza a Facultade de Informática da UDC, un evento destinado ao alumnado para que coñeza de primeira man as empresas onde o próximo curso académico realizarán prácticas curriculares. A Cátedra contará cun stand que se poderá visitar o venres 25 de abril de 9:30 a 15:00h.


No marco da Feira presentaranse os catro traballos finalistas ao X Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da FIC, seleccionados polas empresas que apoian as cátedras, e o venres 25 de abril ás 10:30 h. anunciarase os gañadores ou gañadoras desta edición.

 

Os catro traballos finalistas, con Matrícula de Honra, son: "ComunicELA: Software de Asistencia para la Comunicación en Pacientes con Esclerosis Lateral Amiotrófica", de Pablo Páramo"Análisis basado en aprendizaje profundo de biomarcadores de la retina en la región macular para la detección de trastornos neurodegenerativos mediante imágenes de OCT", de Carlota Vázquez"Abordando o desenvolvemento de Liñas de Produtos de Software dende unha perspectiva de Xestión do Ciclo de Vida das Aplicacións", de Alejandro Buján; y "Detección automática de fracturas en la columna cervical utilizando aprendizaje profundo en imágenes de tomografía computarizada", de Carmen Lozano.


As cátedras Aldaba-WIB, NTT DATA e Sngular (Cátedra CICAS) patrocinan este galardón anual que conta coa colaboración do Centro de Investigación en TIC (CITIC). Está dotado con 750 euros para el primer premio y de 500 euros para los accésits. 


Ademais, durante os días 23,24 e 25 de abril, a trintena de empresas adheridas ao programa da VI Feira de Prácticas e Emprego da FIC contarán con postos informativos nos que orientarán ao alumnado.