Novas

A Cátedra ALDABA-WIB participa nas actividades do Concello da Coruña para conmemorar o Día Internacional da Muller

10/03/2025

 

Para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, o Concello da Coruña ten programadas mais de 20 actividades que se celebran ao longo de todo o mes de marzo baixo o lema "Mulleres, liderando o cambio". Estas actividades inclúen cine, teatro, conversas, obradoiros, actividades educativas e deportivas. No ano 2025, o Concello fai unha aposta decidida por destacar dentro de estas actividades a mulleres en espazos de liderado, especialmente en sectores tradicionalmente ocupados por homes. 


Dentro desta programación, o venres 14 de marzo celebrarase no Paraninfo da Universidade ás 10:15 "Conversa: Mulleres CTEM en acción", unha conversa dirixida ao alumnado de secundaria e bacharelato dos centros do Concello no que participarán expertas como Déborah García Bello, divulgadora científica; Ana Freire, especialista en Intelixencia Artificial aplicada á saúde mental e Virginia Mato, directora da Cátedra Aldaba-WIB. O obxectivo principal da actividade será visibilizar o papel das mulleres nas disciplinas CTEM, destacando os seus logros e contribucións, co obxectivo de inspirar vocacións científicas e tecnolóxicas, especialmente entre as rapazas.

 

                                             

 

Mais información en:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2025/02/26/mulleres-liderando-cambio-lema-coruna-8m/0003_202502202502261740568699948.htm

 

https://www.coruna.gal/web/es/actualidad/noticias/noticia/o-concello-centra-a-programacion-do-8m-en-mulleres-referentes-baixo-o-lema-mulleres-liderando-o/suceso/1453888424246?argIdioma=es