Novas

A Cátedra de Dereito Local patrocina unha xornada sobre contratación pública de xestión de residuos municipais

11/09/2024

 

Cátedra de Dereito Local da Universidade da Coruña coordinada polo Dr. Carlos Alberto Amoedo Souto, patrocina a ‘II Xornada Economía circular Local’ baixo o lema “Contratación pública estratéxica de xestión de residuos municipais: recomendacións e boas prácticas”, que terá lugar os días 23 e 24 de setembro, no Edificio Cersia en Santiago de Compostela.


Este encontro ten por obxectivo analizar a realidade da contratación pública da xestión dos residuos municipais, concretamente os contratos de recollida e transporte de residuos e os de tratamento.


Analizaranse os elementos e riscos xurídicos a ter en conta nos procesos de preparación contractual para levar a cabo unha xestión estratéxica destes contratos, de acordo cos obxectivos da política comunitaria de economía circular e a Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular, e a súa normativa de desenvolvemento vixente e en proceso de aprobación (envases e residuos de envases, pilas e acumuladores, aparellos eléctricos e electrónicos, desperdicio alimentario, téxtil, mobles e enseres, etc.).


A xornada é de acceso gratuíto, previa inscrición por razóns de loxística e aforo.  Está dirixida a responsables políticos e técnicos municipais e tamén poderán participar as persoas desempregadas, estudantes de grao, así como xerentes e técnicos de empresas de xestión de residuos municipais e público en xeral interesado en asistir.


Podes inscribirte e consultar o programa da xornada aquí