O pasado venres, 5 de xullo, finalizou a última quenda da segunda edición do ALDABA-TIC CAMP celebrado de forma simultánea nas instalacións da Facultade de Informática da Universidade da Coruña no campus de Elviña e na Escola de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo no campus de Ourense.
Esta segunda edición volveu a ser un éxito de participación, as 90 nenas e nenos rexistrados asistiron a esta emocionante ‘Misión ás Profundidades’, unha aventura tecnolóxica e educativa que pretende espertar nas e os máis pequenos o interese polas novas tecnoloxías, o que redundará en fomentar as profesións STEM. Durante a última xornada de cada quenda, entregáronse os diplomas que recoñecen as habilidades adquiridas polos pequenos e pequenas en robótica, programación, deseño e impresión 3D.
No peche da primeira quenda, o pasado 28 de xuño, as nenas e nenos gozaron dunha conexión intercampus entre o CAMP de Ourense e de Coruña na que puideron intercambiar as experiencias e os retos superados ao longo da semana.
Durante a segunda quenda na Coruña, tamén visitaron a sala de demostracións do CITIC, onde puideron experimentar con realidade virtual e outras tecnoloxías innovadoras.
Máis noticias sobre o ALDABA-TIC Camp en TV e prensa: