A Cátedra ALDABA WIB foi unha das foi unha das cinco cátedras da Universidade da Coruña seleccionadas, para expoñer máis polo miúdo a súa experiencia e xeito de traballar na Xornada de Cátedras e Aulas Institucionais da UDC que tivo lugar o venres 26 de abril no Reitorado da Universidade da Coruña.
No encontro, no que estiveron representadas as 27 cátedras empresa e unha aula institucional da UDC, ademáis de analizar o traballo desenvolvido por estas, plantexáronse oportunidades e sinerxias a explorar no eido da docencia e a investigación. Neste sentido explicáronse os novos formatos de aportación de talento desde a universidade á empresa, como son os doutoramentos industriais, onde os estudantes de doutoramento poden integrarse nas organizacións ou noutras institucións durante un mínimo de 18 meses e participar nun proxecto de investigación industrial.
Do mesmo xeito presentáronse as microcredenciais como novos formatos de formación permanente, que pretenden fomentar a empregabilidade e mellorar a adaptabilidade aos rápidos cambios sociais aos que estamos sometidos. Este novo formato formativo xa se está a desenvolver na UDC como proxecto piloto dentro do marco da Cátedra da Fundación INADE.
A xornada estivo presidida polo reitor da UDC, Ricardo Cao, que pechou o acto resaltando a importancia das cátedras e aulas institucionais «polo seu papel dinamizador na transferencia de coñecemento, na investigación aplicada nos diferentes sectores produtivos á vez que favorecen a interrelación dos distintos axentes sociais e propician a cooperación entre as distintas áreas de coñecemento e a formación de equipos». Acompañárono o vicerreitor de Titulacións e Internacionalización, e ex director da Cátedra Emalcsa, Moisés Canle; o vicerreitor de Investigación e Transferencia, Jerónimo Puertas; e a vicerreitora do Campus de Ferrol, Ana Ares.
Tamén participou no peche da xornada o presidente do Consello Social de la UDC, Antonio Abril, para sinalar, entre outras cousas a necesidade «dunha maior colaboración entre universidade e empresas».