Novas

José Manuel García-Margallo: 'La diplomacia económica exige defender a nuestras empresas cuando sean agredidas injustificadamente'

02/05/2023

 

"La diplomacia económica exige procurar la promoción exterior, ayudando a nuestras empresas a conquistar los mercados internacionales, así como defenderlas cuando sean agredidas injustificadamente”. Así o indicou o eurodeputado e ex ministro de Exteriores José Manuel García-Margallo durante a conferencia celebrada esta mañá na Universidade da Coruña, convidado pola Cátedra Luís Fernández Somoza para a internacionalización dos estudos de Economía e Empresa.

 

No acto celebrado na Facultade de Economía e Empresa participaron o reitor da UDC, Julio Abalde, a decana da devandita facultade, Carmen Lema, e o director da Cátedra, Carlos Estévez Mengotti, quen moderou a charla centrada na contribución da política exterior ao desenvolvemento económico de España.

 

 

García-Margallo analizou a situación sociopolítica española e fixo unha breve radiografía sobre a realidade económica: “la renta per cápita española no crece desde el año 2005 y, desde entonces, España ha perdido tres puntos en el ranking europeo. Nuestro índice de malestar (desempleo más inflación) es el más alto de la UE y el desequilibrio de nuestras cuentas públicas es extraordinariamente preocupante”, explicou. 

 

Atribuíu as causas desta situación a que “arrastramos tres deficiencias estruturais básicas: temos a taxa de desemprego máis alta da UE, un dos niveis máis baixos de produtividade en Europa, e o desequilibrio das nosas contas públicas é un dos máis preocupantes”.


Xunto á necesidade de activar medidas de longo alcance que atallen estes problemas na súa raíz, o ex ministro de Exteriores subliñou a importancia de contar cunha contorna sociopolítico que fortaleza a credibilidade de España no exterior, como vía para aumentar a súa prosperidade. Asegurou que esta proxección fóra das nosas fronteiras faise especialmente importante “en un mundo más globalizado, y con más razón en una unión económica y monetaria en la que compiten las empresas pero también los sistemas. Una buena reputación es clave para atraer inversiones a España y retenerlas, evitando que se trasladen a otros países”.

 


Curriculum vitae

José Manuel García-Margallo é eurodeputado e foi ministro de Asuntos Exteriores de España entre 2011 e 2016. Inspector técnico de Facenda do Estado de profesión, e activo na política española desde a Transición, foi deputado nas Cortes Constituíntes con UCD, deputado nas Cortes Xerais durante trece anos e, posteriormente, eurodeputado no Parlamento Europeo durante dezasete anos, onde chegou a ser vicepresidente da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios, antes de incorporarse ao Goberno de Mariano Rajoy á fronte da carteira de Asuntos Exteriores. 

 

En 2016 regresou como deputado ao Congreso e desde 2019 é eurodeputado. É licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, onde tamén estudou Economía. En 1973 obtivo un máster en Dereito e o International Tax Program pola Universidade de Harvard. En 2004 doutorouse pola Universidade Miguel Hernández de Elxe cunha tese sobre o modelo de benestar europeo. Columnista habitual na prensa, tamén escribiu varios libros.

 

Sobre a Cátedra Luis Fernández Somoza 

A Cátedra de internacionalización de Estudos Luís Fernández Somoza, froito do convenio entre a Universidade da Coruña e Cartesón S.L., ten como fins proxectar aos estudantes e profesores de Economía e Empresa internacionalmente, así como acoller a personalidades académicas de prestixio que acheguen unha visión ampla na realidade complexa da globalización económica.