Novas

A directora da Cátedra ALDABA WIB pola Universidade da Coruña participa no ciclo de charlas para o alumnado do Instituto Ramón Menéndez Pidal de Zalaeta

07/02/2023

O instituto Ramón Menéndez Pidal de Zalaeta conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e na Tecnoloxía cun ciclo de chalas para o alumnado. O ciclo conta con profesionais de referencia, especialmente no ámbito universitario e investigador, entre as que se atopa a directora da Cátedra ALDABA WIB, Virginia Mato Abad, quen impartirá o martes 14 de febreiro unha charla sobre enxeñaría informática, contribuindo así a dar visibilidade ás aportacións das mulleres no eido das TIC, xerar referentes e despertar o interese das nenas e rapazas nas carreiras tecnolóxicas.

 

Está organizado polo club de ciencia e tecnoloxía ZalaTecno. Segundo unha das profesoras, Paz Freire, o ciclo busca que os estudantes coñezan o papel da muller nestes ámbitos, así como fomentar vocacións científico-tecnolóxicas.
 

Algunhas das charlas impartidas foron a da catedrática María Concepción Ferreiro co título ‘Microbios ¿enemigos amigos?’, ‘El aire que respiramos’ por Purificación López, catedrática de Química analítica, e  ‘Os lévedos: seres minúsculos cunha importancia maiúscula’ impartida polas investigadoras Sara Expósito e Olalla Liz. No ámbito da Informática, Beatriz Pérez impartiu a charla ‘Mujeres, ingeniería e informática’, Lucía Ramos falou sobre ‘Visión artificial. Aplicacións dende o ámbito médico ata contornas industriais’’, Virginia Mato Abad sobre a titulación de enxeñería informática e Bertha Guijarro Berdiñas a charla titulada ‘¿Inteligencia articial? ¡Naturalmente!’. En marzo, Verónica Bolón ofrecerá o relatorio ‘Intelixencia artificial: unha cuestión de xénero’.