Novas

Representantes da Universitat Oberta de Catalunya visitan a UDC para dar a coñecer a nova colección editorial conxunta

08/02/2023

 

A visita terá lugar mañá xoves 9 de febreiro ás 12:30 horas no Reitorado da Universidade da Coruña.


Participan, pola Universitat Oberta de Catalunya: Pastora Martínez, Vicerrectora de Globalización y Cooperación, e Ciro Llueca, Vicexerente de investigación e Innovación. Director da Editorial UOC. 


Pola Universidade da Coruña asistirán o Reitor Julio Abalde; o Vicerrector de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya Fernández; a Vicerrectora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre; a Directora da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación corporativa, Carmen Costa Sánchez. Así mesmo, participará a Directora de Comunicación e Relacións Institucionais de Vegalsa-Eroski, Gabriela González. 


No encontro presentarase o lanzamento da colección editorial conxunta entre ambas universidades, Comunicación 2030, que pon o foco na contribución que a comunicación e a xestión de comunicación realizan para avanzar cara aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). O proxecto impúlsase dende a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación corporativa.