Novas

A Cátedra de Dereito Local da UDC debate sobre “As políticas enerxéticas das entidades locais: novos escenarios”

12/01/2023

A Cátedra de Dereito Local da Universidade da Coruña organiza mañá venres co apoio da Deputación da Coruña a xornada sobre “As políticas enerxéticas das entidades locais: novos escenarios” baixo a dirección do coordinador da Cátedra, Carlos Alberto Amoedo Souto. 

 

A  actividade  comezará ás 9:45 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito. Aínda que é de acceso libre, require inscrición previa a través da ligazón.

 

Tendo en conta que a subministración accesible de enerxía eléctrica nos fogares é unha  necesidade humana básica para unha vida digna, a Cátedra de Dereito Local pretende  abrir o debate sobre o papel que poden desempeñar as entidades locais na atención a esta necesidade, nun escenario de crecente encarecemento da electricidade por mor da invasión rusa de Ucraína e da transición enerxética cara a combustibles non fósiles.

 

Abordaranse as posibles políticas públicas no ámbito do municipalismo, como o estímulo da eficiencia enerxética a través de ordenanzas locais, a contratación pública e a política fiscal, ata a produción e a comercialización eléctrica, pasando polo impulso das comunidades enerxéticas.


Programa da xornada

9:45 horas.- Presentación e Inauguración do Seminario por Xulio Ferreiro Baamonde, Decano da Facultade de Dereito, e Valentín González Formoso, Presidente da Deputación da Coruña, entidade financiadora da Cátedra de Dereito Local. 


10:00-11:00 horas.- O papel da iniciativa pública na produción e comercialización de enerxía.

Mariano Bacigalupo Saggese, profesor de Dereito Administrativo da UNED, ex conselleiro de sectores regulados da CNMC, conselleiro da CNMV.


11:00-12:00 horas.- As competencias das entidades locais en materia enerxética.

Isabel González Ríos, catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Málaga.

 

12:30-13:30 horas.- Comunidades de enerxía e entidades locais.

Isabel Gallego Córcoles, catedrática de Dereito Administrativo e secretaria xeral da UCLM.

 

16:00-17:30 horas.- Mesa redonda sobre as experiencias locais de produción e/o comercialización de enerxía eléctrica.

• Cristina Castells, directora da Axencia de Enerxía de Barcelona.

• Ana Marco, presidenta do primeiro consello reitor de Som Enerxía, funcionaria do Servizo Provincial de Industria de Zaragoza.

• Mario Sánchez, membro da cooperativa Ecooo (Madrid).

• Manuel Requeijo, alcalde de Muras.

• Jesús Castro, xerente da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC).