Novas

Un traballo sobre o ciberacoso, premio ao mellor TFG da Facultade de Informática da Coruña

07/04/2022

 

Este premio ten como obxectivo recoñecer os mellores traballos de fin de grao presentados no curso 2020/2021, que obtiveron a calificación de matrícula de honra. Asi presentáronse vinte propostas, das que se seleccionaron tres, que pasaron á final. Ademais do primeiro premio, dotado de 1.500 euros entregado a Paulo Seoane polo seu TFG "Técnicas de Intelixencia Artificial Aplicadas á Detección de Ciberacoso en Redes Sociais", fíxose entrega de dous segundos premios de 500 euros cada un; para Manuel Couto Carril polo seu TFG "Seguimiento y control del funcionamiento de la ganadería extensiva", e para Juan Gonzáles Iglesias, que presentou "Aplicación móvil y seguimiento de un maniquí para la formación en emergencias sanitarias". Ambos traballos foron dirixidos polos investigadores do CITIC e os docentes da FIC Carlos J. Escudero Cascón e Óscar Fresnedo Arias, respectivamente.

 

O traballo premiado ten como obxectivo desenvolver un modelo de Intelixencia Artificial capaz de detectar o ciberacoso nos comenarios das redes sociais, unha tarefa que é moi complexa porque devantitos comentarios están escritos en linguaxe natural.

 

A entrega de premios ao mellor TFG Mellor Aplicado contou na VII edición co patrocinio das cátedras institucionais Aldaba WIB, Corunet e NTT Data e a colaboración do CITIC enmarcado na Feria de Emprego e Prácticas da Facultade celebrada o 5 de abril, que reuniu este martes a 26 entidades do sector TIC, que impartiron conferencias e obradoiros destinados a orientar aos alumnos. 

 

#ptfgFIC #talentoFIC