Novas

A Cátedra L.F.S. adxudica dez bolsas para artigos a profesores da F.E.E. da UDC en colaboración con universidades estranxeiras

02/07/2021

A Cátedra Luis Fernández Somoza para a Internacionalización dos Estudos de Economía e Empresa da UDC financia 10 artigos de investigación entre profesorado da Facultade de Economía e Empresa da UDC e Universidades Estranxeiras. Na convocatoria de maio adxudicáronse catro axudas  e na convocatoria de xuño 6 axudas,  de 1.000 euros por proxecto.

 


As axudas de maio outorgáronse a  Cristina Calvo Porral que formará equipo con Javier Orosa González da UDC e Sergio Rivaroli da Universidade de Bolonia-Italia;  a Jesús López Rodríguez que formará equipo con Mihai Mutascu da University of Timisoara-Rumania; a Anxo Calvo Silvosa que formará equipo con Julie Byne ,  Xuanyu Yue e Cormac MacFhionlaoich da University College Dublin e Manuel Nieto Mengotti que formará equipo con Isabel Soares da Universidade de Oporto.

 


As axudas de xuño outorgáronse a Jose Antonio Seijas Macías que formará equipo con Amílcar Oliveira da Universidade Aberta-Portugal; a Elena Sánchez de Paz que formará equipo con Jolanta Stoniec da Lublin University of Technology-Lubrin Poland, Anelí Bongers Chicano da Universidade de Málaga e Fernando González Laxe, Jose María Picatoste Novo e Patricia Becerra Amado da Universidade da Coruña; a Jose María Picatoste Novo que formará equipo con Anabela Mesquita do Instituto Politécnico de Porto (ISCAP)-Portugal, Fernando González Laxe, Asunción López Arranz e Isabel Novo Corti da Universidade da Coruña; a Paulino Montes-Solla que formará equipo con Francisco Carballo-Cruz da Universidade de Minho-Braga (Portugal) e Jesús López-Rodriguez da Universidade da Coruña; a Fernando González Laxe que formará equipo con Diana Mihaela Tirca da Constantin Brancusi University of Targu-Jiu –Rumania, Isabel Novo Corti e José María Picatoste da Universidade da Coruña e a Manuel Alberto Gómez Suárez que formará equipo de investigación con Constantin Chilarescu da Universidad de Lille-Francia.

 


Como resultado do traballo dos investigadores e membros do profesorado das diversas universidades que forman parte dos equipos sairan 10 artigos de investigación, que dispoñen dun ano para  presentar. Ademais de incentivos especiais no caso de que o seu traballo sexa aceptado e publicado nas categorías 1, 2 e 3 do listado máis recente do Comité Nacional de Investigación Científica. Trátase dunha lista destinada a incluir revistas que publican principalmente artigos de economía ou xestión.