Novas

Mesa redonda: ex alumnos da Facultade, profesionais de éxito polo mundo

20/11/2020

 

O encontro organizado pola Cátedra de Internacionalización de Estudos Luis Fernández Somoza celebrarase o próximo 26 de novembro ás 13:00 horas na Aula Magna da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.  

 

Nel estarán representadas empresas do panorama nacional e internacional nas que están desenvolvendo as suas carreiras profesionais antigos alumnos da Facultade. 

 

Na mesa redonda participan:

 

Manuel Rodríguez Fraga. Analista de negocio en MFEX en  París. MFEX é a plataforma líder de fondos independentes en Europa e Asia.

 

Pablo Sande García. Responsable financeiro da marca de moda de Victoria Beckham en  Londres. Victoria Beckham lanzou a sua propia marca de roupa e bolsos en 2008 e actualmente vende en máis de 60 países. 

 

Jose Faiña Rodriguez-Vila. Tax advisor en Ernst & Young en Catar. Ernst & Young,agora tamén coñecida como EY é unha das máis importantes firmas de servizos profesionais do mundo. 

 

Ramón Martul-Franco. Director para Europa de Stonex Financial en Hamburgo. StoneX ocupa o posto 37 na lista Fortune das 100 empresas de máis rápido crecemento en 2020.

 

Marc Benhamou. Director Rexional Noroeste de Caixabank en Galicia. Caixabank foi fundada en Barcelona en 2011 pola Caixa de Aforros de Barcelona e actualmente forma parte do índice IBEX 35. 

 

Gerardo Fuertes. Director Territorial de Abanca en A Coruña. Abanca Corporación Bancaria constituiuse no ano 2011 e na actualidade conta con máis de 700 oficinas por toda España.