A formación será impartida por Mar Cuervo, responsable de estratexias de marketing e especialista en comunicación e estratexias dixitais, quen achegará unha visión práctica centrada no deseño, planificación e implementación de accións de comunicación dixital con impacto social positivo.
Datas, lugar e modalidade
O curso celebrarase os días 23 e 24 de abril de 2026 no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña (Campus de Elviña).
A actividade desenvolverase en modalidade híbrida, cunha parte presencial e outra virtual. O programa inclúe 10 horas de formación en liña destinadas a titorías e á elaboración e presentación dun traballo final.
Duración e horario
• Duración total: 20 horas
• Horario presencial: xoves e venres de 16:00 a 21:00 horas
Obxectivo do curso
O curso ten como finalidade proporcionar ferramentas e competencias para a creación de estratexias de comunicación dixital orientadas ao desenvolvemento sostible e á xeración de impacto social positivo, integrando unha perspectiva estratéxica e aplicada.
Destinatariado e prazas
A formación conta con 20 prazas, que se asignarán por orde de inscrición.
Inscrición e matrícula
O prazo de preinscrición e matrícula estará aberto do 10 ao 23 de abril de 2026, ou ata esgotar prazas.
• Matrícula: 50 € / Socios da Asociación Galega de Marketing (Markea) ou ONG's, a matrícula está bonificada ao 50% (tan só 25€)
• A admisión comunicarase de forma progresiva en función da dispoñibilidade de prazas
Certificación
Ao finalizar o curso, os participantes recibirán un diploma acreditativo de participación.
Esta iniciativa enmárcase na liña de traballo da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC, centrada na formación, a investigación e a transferencia de coñecemento no ámbito da comunicación responsable e o desenvolvemento sostible.
Máis información e inscrición no seguinte enlace [pica aquí].