Onte, Alberto Fernández, director de Plataformas e Servizos Dixitais de Radio Televisión Española e fundador de PlayZ, foi entrevistado por El Ideal Gallego durante a súa participación no evento dixital organizado pola Cátedra Vegalsa-Eroski UDC. Na entrevista, Fernández reflexionou sobre o futuro da televisión pública nun mercado audiovisual cada vez máis fragmentado.
Fernández destacou que a plataforma RTVE Play converteuse na opción gratuíta líder en España, capaz de competir con OTT de pago como HBO Max ou Disney. Explicou que o éxito residía en adaptarse aos novos hábitos de consumo, especialmente da xeración Z, a través de contidos innovadores e formatos híbridos que combinan streaming e televisión lineal.
Así mesmo, subliñou que a televisión pública ten a vantaxe de orientar as súas decisións cara ao servizo público a medio prazo, en lugar da rendibilidade inmediata, o que facilita a adaptación aos cambios do mercado. “Estamos en una lucha encarnizada por la atención del usuario; hay tantos estímulos audiovisuales que lo que falla es la fidelidad”, afirmou.
Durante a xornada, tamén se abordaron os xéneros máis consumidos, o valor de contidos orixinais e diarios, e a estratexia de marca que RTVE segue para consolidarse nun contorna multiplataforma onde a fidelidade dos usuarios novos segue sendo o principal desafío.
Le aquí a entrevista completa del Ideal Gallego [pica aquí]