News

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC renova a súa colaboración coa Fundación Galicia Sustentable

05/10/2025

 

Cátedra Hijos de Rivera–UDC de Desenvolvemento Sostible leva desde o ano 2019 traballando coa Fundación Galicia Sostible no Concello da Laracha sobre modelos baseados nos principios da agricultura sintrópica para a rexeneración de chans.


Os resultados do proxecto de investigación, presentados en 2023 no museo Mega de Estrela Galicia, constataron que polo menos o 75 % das terras destinadas as plantacións de eucalipto na comunidade (máis de 250.000 de preto de 340.000 hectáreas) son susceptibles de ser recuperadas baixo estas técnicas de agricultura regenerativa.


Co fin de continuar con esta iniciativa, a Cátedra Hijos de Rivera-UDC renovou a súa colaboración coa Fundación Galicia Sustentable durante un ano (2024-2025) para así abordar unha última fase do proxecto, que contempla tres liñas de actuación: mantemento da capacidade produtiva dos terreos a través da achega de materia orgánica de proximidade,  produción de alimento. A partir dunha selección das especies que mellores resultados ofreceron nos anteriores experimentos, crearán un cultivo con achega de materia orgánica de proximidade para avaliar a produtividade en comparación coa parcela de contraste e recuperación de 10.000 m2 de chan previamente ocupado por plantación intensiva de eucalipto en monocultivo, realizarán tarefas de restauración dos terreos para poder confirmar unha recuperación efectiva e definitiva da devandita superficie.

 

O obxectivo do proxecto ‘Agricultura sintrópica aplicada a modelos de economía circular (ASAMEC)’, que conta coa colaboración da Cátedra Hijos de Rivera-UDC, é xerar modelos de desenvolvemento alternativos que poñen en valor os recursos da contorna para transformar o rural galego nun medio máis próspero, sostible e saudable.

 

A finais de 2025 presentaranse os resultados dos experimentos elaborados ao longo do período 2024-2025.