News

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC colabora nun proxecto de investigación para a restauración da lagoa de Alcaián

05/09/2026


Un equipo de investigadores da Universidade da Coruña, baixo a dirección de Rafael Carballeira, levan dez anos investigando a contorna de lagoa de Alcaián (Coristanco, A Coruña). Co fin de coñecer a realidade do humidal e a súa evolución histórica para a súa posterior recuperación, xorde o proxecto ‘Paleocología del lago de Alcaiá o seguimento a través do tempo: recuperación da `memoria´, e restauración ecosistémica dun gran humidal desaparecido (PAST4LIFE)’, coa colaboración Cátedra Hijos de Rivera-UDC Desenvolvemento Sostible.


Esta Cátedra busca promover modelos innovadores que equilibren a competitividade económica, o respecto ao medio ambiente e o progreso social. Tres valores que se aliñan cos obxectivos deste proxecto, cuxo fin é a recuperación da lagoa de Alcaián, desecada fai máis de sesenta anos, e a súa integración nun modelo de ecoturismo sostible, que impulsaría un renacemento económico e social para a comarca.


PAST4LIFE desenvolverá unha aproximación paleolimnológica que permitirá coñecer a evolución do lago, o seu valor ambiental e as consecuencias da súa desaparición. Ademais, durante a investigación, realizarase un arquivo ambiental único con información ecolóxica, histórica e cultural sobre esta lagoa.


Os resultados do presente proxecto están previstos presentarse a finais do ano 2025, cos que se esperan que sexan o primeiro paso para converter esta zona en Espazo Natural de Interese Local (ENIL).