miembros-ventajas.asp
FUAC. Membros. Vantaxes de ser Membro

FUAC. Membros. Vantaxes de ser Membro

Vantaxes de ser Membro

Quen decida colaborar cos fins fundacionais, gozará dunha serie de condicións vantaxosas dirixidas a que esta cooperación sexa efectiva e gratificante para ambas partes:

 

  • Beneficios fiscais: Redución dun 25% do donativo na cuota do Imposto da Renda das Persoas Físicas (art. 69.1 da Lei 35/2006 de 28 de novembro do IRPF), e dun 35% de dito importe no Imposto de Sociedades, no caso de que se trata dunha Persoa Xurídica (art. 20 da Lei 49/2002 de 23 de decembro).
  • Deducións na xestión das prácticas profesionais, estudantes e titulados: Os gastos de tramitación e xestión da bolsa serán do 9%, 10% ou 12% dependendo de se é membro de número, membro adherido (físico ou xurídico) ou de se non é membro, respectivamente, sobre o importe bruto da retribución total do bolseiro.
  • Participación e acceso aos actos oficiais da UDC mediante o envío das invitacións que correspondan desde a propia Universidade.
  • Participación nas actividades da FUAC. Información previa, invitación e acceso preferente a cantos actos, xornadas e eventos organice e desenvolva a Fundación, así como a aquelas que realice a UDC e sexan xestionadas pola nosa entidade.
  • Servizos a medida de cantas necesidades de formación, I+D e innovación, entre outras, requiran e/ou suxiran os membros.