V Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Mestrado en [Criterios ASG e Propósito Corporativo]

Pre-registration

Pre-registration

Event description

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa, impulsada polo grupo Vegalsa Eroski ,a Universidade da Coruña e a Fundación Eroski, ten entre os seus obxectivos fundamentais promover o coñecemento en materia de sustentabilidade e responsabilidade social presente e futura, ligando a actividade organizacional ao beneficio do conxunto da sociedade e da súa contorna.


O propósito corporativo recolle a importancia de que empresas e organizacións xeren un beneficio social e ambiental e non só un retorno económico. O cumprimento con estándares elevados en materia ambiental, social e de transparencia, así como asumir os principios de bo goberno corporativo supón o recoñecemento do camiño do compromiso social cara ás transformacións acordadas na Axenda 2030. 

 

Por iso, a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa convoca a 

 

quinta edición do premio ao mellor Traballo fin de Mestrado (en adiante TFM)

 

realizado por estudantes que obtivesen un Mestrado nunha universidade galega (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) durante os anos 2025 e 2026, mediante a realización dun TFM nalgunha temática relacionada directamente cos ‘Criterios ASG (ambientais, sociais e gobernanza) e o propósito corporativo’.


DIRIXIDO A

Poderán optar ao premio todos aqueles/as titulados/as, de calquer nacionalidade, que  defenderan o seu TFM en calquera das universidades galegas (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) nos anos 2025 e 2026, obtendo unha calificación de sobresainte.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase coa publicación das presentes bases e rematará o 31 de decembro de 2026 ás 24:00 h.

 

CONTACTO

Para calquer dúbida ou consulta as persoas candidatas poderán dirixila ao Xurado da Cátedra na dirección de correo electrónico: catedravegalsaeroski@gmail.com co asunto "V Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Mestrado en [Criterios ASG e Propósito Corporativo]". 

 

No site da Cátedra indicado nestas bases detállanse as formas de contactar coa Cátedra.

Documents to be submitted

  • Resumo do seu TFM dun máximo de 5 carillas DinA4 (incuida a portada)
  • Curriculum Vitae
  • Documento xustificativo ter sido estudante nalgún máster dalgunha das tres universidades do SUG (UDC, USC ou UVIGO) (opcional)

Dates

Date of event: From 9/18/2026 to 12/31/2026
Date of inscription: From 9/18/2026 to 12/31/2026

Official website

https://www.fundacion.udc.es/vegalsa-eroski/

Attached documentation

Download information

Help and information

Contact phone: 881011171
Email: belen.pazos@udc.es

Share this information

V Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Mestrado en [Criterios ASG e Propósito Corporativo]

  Attached documentation
Download information
  Information
Date: From 9/18/2026 to 12/31/2026
Schedule:
Location: A Coruña
Pre-registration