O Máster de Formación Permanente en Intervención Familiar é un título propio da Universidade da Coruña. A súa finalidade é capacitar a profesionais de diversos ámbitos nas habilidades e as técnicas de intervención con familias, nenos, nenas e adolescentes e desenvólvese ao longo de dous anos, 2026-2028.
O máster ten por obxectivo ensinar como crear unha relación de axuda profesional baseada en construír alianzas terapéuticas coas familias en diferentes ámbitos como a saúde, educación, protección á infancia, servizos sociais, terapia familiar e de parella. O máster ofrece un compendio de técnicas psico-socio-educativas aplicadas para axudar a familias en crises.
O máster ten seminarios e talleres intensivos (en sábados alternos). O primeiro ano componse de seminarios e talleres cada 15 días e o segundo ano son 1 vez ao mes. Ademais, durante todo o segundo ano inclúense prácticas que se realizan nun día da semana que o alumnado elixe (5 horas, ben pola mañá ou pola tarde). Estas prácticas poden facerse na propia UIICF (Ferrol), Coruña, Lugo e Pontevedra.
INFORMACIÓN
REQUISITOS DE ACCESO:
Para acceder ao título do Máster é requisito imprescindible dispor dunha titulación de grao (ou licenciatura) no ámbito de saúde, educación, ou social (educación social, enfermería, psicoloxía, psiquiatría, traballo social).
O proceso de selección inclúe unha entrevista persoal previa á admisión definitiva.
PREINSCRICIÓN:
Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse do 15/06/2026 ao 10/07/2026 (prazo ordinario) ou do 21/07/2026 ao 2/09/2026 (prazo extraordinario), tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida.
MATRICULA:
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas da matrícula de 2.900 euros (1.450 euros por ano) do 20/07/2026 ao 29/07/2026 (prazo ordinario) u do o 10/09/2026 ao 16/09/2026 (prazo extraordinario).
A matrícula pode pagarse fraccionada.
SOLICITUDE DE BOLSA:
A Universidade da Coruña ofrece bolsas parciais para a realización do #máster (o número de bolsas será en función do número de alumnos matriculados).
SECRETARIA ADMINISTRATIVA E CONSULTAS ACADÉMICAS:
Directores do curso: Emma Rodríguez Maseda e Valentín Escudero Carranza
Secretaría adminitrativa: Sagrario Rubio Caro
Teléfono secretaría adminitrativa: 646102004
E-mail contacto (secretaría adminitrativa e consultas académicas): interfam@udc.es
Créditos: 60
Data de celebración: Do 01/10/2026 ó 30/09/2028
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
Máster en Intervención e Coidado Familiar 2026-2028