Máster en Intervención e Coidado Familiar 2026-2028

Event description

O Máster de Formación Permanente en Intervención Familiar  é un título propio da Universidade da Coruña. A súa finalidade é capacitar a profesionais de diversos ámbitos nas habilidades e as técnicas de intervención con familias, nenos, nenas e adolescentes e desenvólvese ao longo de dous anos, 2026-2028.

 

O máster ten por obxectivo ensinar como crear unha relación de axuda profesional baseada en construír alianzas terapéuticas coas familias en diferentes ámbitos como a saúde, educación, protección á infancia, servizos sociais, terapia familiar e de parella. O máster ofrece un compendio de técnicas psico-socio-educativas aplicadas para axudar a familias en crises.

 

O máster ten seminarios e talleres intensivos (en sábados alternos). O primeiro ano componse de seminarios e talleres cada 15 días e o segundo ano son 1 vez ao mes. Ademais, durante todo o segundo ano inclúense prácticas que se realizan nun día da semana que o alumnado elixe (5 horas, ben pola mañá ou pola tarde). Estas prácticas poden facerse na propia UIICF (Ferrol), Coruña, Lugo e Pontevedra.

 

INFORMACIÓN

  • Datas de impartición: do 1 de outubro de 2026 ao 30 de setembro de 2028.
  • Preinscrición e matrícula:
    • Prazo ordinario (xuño/xullo):
      • Preinscrición: desde o 15 de xuño ao 10 de xullo de 2026. 
      • Matrícula: desde o 20 alo 29 de xullo de 2026.
    • Plazo extraordinario (julio/agosto/septiembre):
      • Preinscrición: desde o 21 e xullo ao 2 de setembro de 2026.
      • Matrícula: desde o 10 al 16 de setembro de 2026.
  • Importe matrícula: 2.900€ (permítese pago fraccionado). 
  • Criterios de selección:
  1. Expediente académico.
  2. Outros méritos: valoraráse con 2 puntos unha entrevista persoal previa á matriculación.
  • Créditos: 60 ECTS.
  • Modalidade: Presencial
  • Lugar de celebración: Facultade de Enfermería e Podoloxía. Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF). Edificio 07 Campus de Esteiro - Ferrol. C.P.: 15403.
  • Horario: 
    • Seminarios teóricos: Sábados de 10:00 a 14:00h e de 15:30 a 19:30h.
    • Practicum: Luns de 10:00 a 14:00h e de martes a xoves de 16:00 a 21:00h.
  • Avaliación: 
    • Avaliación teórica:
      • A. Valoración dun resumo comprensivo das lecturas obrigatorias e contidos dos seminarios; realízase ao terminar cada módulo.
      • B. Exame a través dunha análise de caso; é un exame escrito con preguntas para desenvolver sobre un suposto de caso.
    • Avaliación práctica:
      • A. Valoración dun resumo comprensivo despois dos seminarios prácticos e á finalización do módulo de prácticas.
      • B.Valoración dun Vídeo de 10 minutos que realiza cada alumno cunha para superar o Master, o alumnado haberá de superar as seis materias de que consta o curso, cinco de ámbito temático e unha referida ao Traballo Fin de Máster. Para superar as materias de ámbito temático o alumnado deberá superar as probas de que consta (test autoavaliación, recensión e exame cuadrimestral) Para superar o TFM o alumnado deberá entregalo nos prazos establecidos e ser avaliado positivamente polos profesores responsables. Existirá unha segunda oportunidade.
  • Número de alumnos: Mínimo 10, Máximo 25.

 

​Pica aquí para acceder á inscrición e matrícula do Mestrado en Intervención e coidado familiar 2026-2028

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Para acceder ao título do Máster é requisito imprescindible dispor dunha titulación de grao (ou licenciatura) no ámbito de saúde, educación, ou social (educación social, enfermería, psicoloxía, psiquiatría, traballo social). 

 

O proceso de selección inclúe unha entrevista persoal previa á admisión definitiva.

 

PREINSCRICIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse do 15/06/2026 ao 10/07/2026 (prazo ordinario) ou do 21/07/2026 ao 2/09/2026 (prazo extraordinario), tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida.

 

MATRICULA:

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas da matrícula de 2.900 euros (1.450 euros por ano)  do 20/07/2026 ao 29/07/2026 (prazo ordinario) u do o 10/09/2026 ao 16/09/2026 (prazo extraordinario).

 

A matrícula pode pagarse fraccionada.

 

SOLICITUDE DE BOLSA: 

A Universidade da Coruña ofrece bolsas parciais para a realización do #máster (o número de bolsas será en función do número de alumnos matriculados). 

 

SECRETARIA ADMINISTRATIVA E CONSULTAS ACADÉMICAS:

Directores do curso: Emma Rodríguez Maseda e Valentín Escudero Carranza

Secretaría adminitrativa: Sagrario Rubio Caro

Teléfono secretaría adminitrativa: 646102004

E-mail contacto (secretaría adminitrativa e consultas académicas):  interfam@udc.es

Credits

Credits: 60

Dates

Date of event: From 10/1/2026 to 9/30/2028

Official website

https://uiicf.net/

Help and information

Contact phone: 881014458
Email: i.varelac@fuac.udc.es

Share this information

Máster en Intervención e Coidado Familiar 2026-2028

  Information
Date: From 10/1/2026 to 9/30/2028
Schedule: Seminarios teóricos: Sábados de 10:00 a 14:00 y de 15:30 a 19:30. Practicum: Lunes de 10:00 a 14:00 y de martes a jueves de 16:00 a 21:00h.
Location: UIICF (Campus de Esteiro, edif. 07)