ALDABA-TIC Camp. Aventura STEM: Viaxe no tempo

Pre-registration

Inscription period closed.

Event description

ALDABA-TIC Camp é un campus tecnolóxico de verán para nenas e nenos nadas/os entre 2014 e 2020. Está organizado pola Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business da Universidade da Coruña y Universidade de Vigo.

 

Este campus ten como obxectivo espertar vocacións tecnolóxicas en mozas en idades temperás, darlles a coñecer o mundo TIC e axudarlles a desenvolver habilidades dunha maneira divertida. Con esta iniciativa preténdese potenciar a porcentaxe de alumnado feminino en estudos relacionados coas TIC (un 80% de prazas están reservadas para elas).

 

INFORMACIÓN

  • Lugar de celebración: 

A Coruña: Facultade de Informática (UDC).

  • Datas de celebración
    • 1º quenda: do 22 ao 26 de xuño de 2026 (agás o 24 que é festa).
    • 2º quenda: do 29 de xuño ao 3 de xullo de 2026.
  • Horario: de 9:00 a 14:00 horas.
  • Número de prazas: 50 prazas por quenda. 
  • Matrícula (servicios opcionais excluídos):
    • 1ª quenda: 99€.
    • 2ª quenda:119€
  • Servizos optativos:

Servizo de madrugadores: de 8:30 a 9:00 (8€/campamento 4 días) ou (10€/campamento 5 días) [mínimo 10 nen@s]

Servizo de comedor: 14:00 a 15:00h. (40€/campamento 4 días) ou (50€/campamento de 5 días) [mínimo 10 nen@s]

  • Inscrición*: do 18 ao 24 de maio de 2026.
  • Sorteo das prazas: 27 de maio de 2026.
  • Publicación lista de solicitudes coa asignación de prazas: A asignación de prazas levarase a cabo por sorteo empregando o número premiado no sorteo do Cupón Diario da ONCE do mércores 27 de maio. 
  • Matrícula**do 29 de maio ao 1 de xuño de 2026 (incluído). Unha vez publicada a lista de prazas concedidas abrirase o prazo de matrícula. En caso de quedar prazas vacantes, unha vez finalizado o primeiro prazo de matrícula, abrirase un segundo prazo de matrícula para as novas prazas concedidas da lista agarda**. Importante:  Indicar nos datos de pago o DNI da nai ou pai que realizou a solicitude, seguido do nome da nena/neno admitid@ no campamento.  
  • Profesorado: as actividades realizadas serán impartidas por Play Code Academy.


*Para formalizar a inscrición deberase indicar primeiro os datos da nai/pai /titor/a (Nome e apelidos, DNI, Correo electrónico, Número de Teléfono) e a continuación os datos de l@/s niñ@/s participante/s.

**Para abonar a matrícula é necesario indicar o nome do participante do campamento tecnolóxico ALDABA-TIC Camp e o nº DNI/NIF/NIE da nai/pai/titor/a, e enviar documentos de autorización de uso e de imaxe e formulario de datos médicos que se atopan máis abaixo. A factura, enviarase a nome da nai/pai/titor/a que realizou a inscrición. En caso de necesitar factura a nome dunha persoa distinta para a solicitude de Bono Concilia da Xunta, pódense indicar os datos no momento do pago.

 

Este curso completo inclue:

  • Acceso a todos os materiais necesarios durante o curso.
  • Seguro.
  • Diploma.

 

A admisión ao campus queda condicionada ao abono dunha tarifa total de 99€ nunha primeira quenda e y 119€ na segunda quenda (servizo de madrugadores y de comedor excluido).

 

  • Profesorado

As actividades realizadas serán impartidas por Play Code Academy e investigadoras da Universidade da Coruña.

 

  • Máis información

https://www.aldaba.es/catedra-wib/tic-camp/tic-camp-coruna/

Correo electrónico: catedra@wib.aldaba.es

Documents to be submitted

Documentación obrigatoria a achegar no momento do pagamento da matrícua

 

Correo electrónico: catedra@wib.aldaba.es

Dates

Date of event: From 6/22/2026 to 7/3/2026
Date of inscription: From 5/18/2026 to 5/24/2026

Official website

https://www.aldaba.es/catedra-wib/tic-camp/tic-camp-coruna/

Help and information

Contact phone: 881011171
Email: belen.pazos@udc.es

Share this information

ALDABA-TIC Camp. Aventura STEM: Viaxe no tempo

  Information
Date: From 6/22/2026 to 7/3/2026
Schedule: de 9:00 a 14:00 horas
Location: FIC de la UDC (A Coruña)