Curso de extensión universitaria sobre Estudos Marítimos

Inscrición

Solicitar inscrición

Matrícula

Formalizar matrícula 80,00  €

Información xeral

Este curso busca enriquecer a oferta formativa da UDC sobre estudos marítimos, así como ampliar e profundar unha liña de actuación no ámbito do ensino, a investigación, a información e a difusión sobre os estudos, desde unha perspectiva internacional e da Unión Europea, relacionados cos mares e os acéanos e o seu impacto en Galicia que se está realizando desde o Instituto Universitario de Estudos Europeos "Salvador de Madariaga" da UDC para partir do ano 1997.

 

Nesta V edición do curso, organizada no marco da Cátedra Jean Monnet "Dereito da Unión Europea dos océanos: novos escenarios xurídico-marítimos", cofinanciada pola Unión Europea, coa colaboración de MarlnnLeg (Fundación MarlnnLeg - Centro de Innovación de Estudos Xurídicos Marítimos e Pesqueiros) de Vigo, ofrece unha formación especializada sobre estudos marítimos. o obxectivo é achegar ás persoas interesadas polo mundo marítimo desde moi diversas perspectivas, a situación actual dos mares e océanos desde unha aproximación da súa utilización responsable e sostible. Esta iniciativa pretende ofrecer unha perspectiva interdisciplinar das múltiples realidades que se atopan tras as actividades marítimas.

 

DIRIXIDO A:

Alumnado de grao, máster ou programas de doutoramento de universidades españolas e estranxeiras, directivos e técnicos de institucións públicas e privadas relacionadas co mar, profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios, membros da sociedade civil.*

*Ao alumnado da UDC poderánselle recoñecer 3 créditos nos estudos de Grao pola súa participación neste curso de extensión universitaria, de conformidade coa Resolución reitoral de 17/05/2023, sempre que se asista ao 85% das totais do curso. 

 

DATAS DE CELEBRACIÓN:

Do 15 de abril ao 27 de maio de 2026. 

 

HORARIO:

Mércores e xoves de 16:30 a 19:30h

 

LUGAR CELEBRACIÓN:

Modalidade on line: a través da plataforma MS TEAMS da UDC.

 

DATAS DE INSCRICIÓN:

Do 2 de febreiro ao 9 de abril de 2026

 

DATAS DE MATRICULA:

Do 2 de febreiro ao 9 de abril de 2026

 

CONTACTO:

Gabriela Oanta

 

PRAZAS:

30 prazas, que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición.

 

MATRICULA:

Importe  80 euros.

 

Mais información: ver documentación adxunta.

Créditos

Créditos: 3

Datas

Data de celebración: Do 15/04/2026 ó 27/05/2026
Data de inscrición: Do 02/02/2026 ó 09/04/2026
Data de matrícula: Do 02/02/2026 ó 09/04/2026

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 80,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Curso de extensión universitaria sobre Estudos Marítimos

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 15/04/2026 ó 27/05/2026
Horario: Miércoles y jueves de 16:30 a 19:30h
Lugar: Plataforma MS TEAMS de la UDC
Matrícula: 80,00 €
Solicitar inscrición