Prazo de inscrición pechado.
A Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC e o Servizo de Normalización Lingüistica da UDC, en colaboración coa Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa,
convocan
o premio ao mellor Traballo de Fin de Grao de temática galega do curso 2024-25, co fin de contribuír para a dinamización, difusión e uso da lingua galega.
DIRIXIDO A
Poderá participar no Concurso todo o alumnado de Traballo Fin de Grao da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña que presentase o seu proxecto nalgunha das convocatorias do curso académico 2024-25.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
A data límite de inscrición e entrega do traballo é o 5 de outubro de 2025.
PREMIOS
Haberá dous premios, cada un de 250€. Un dedicado ao mellor TFG do Grao en Comunicación Audiovisual e outro para o mellor TFG do Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos. Os premios estarán suxeitos á retención fiscal correspondente.
Data de celebración: Do 01/09/2025 ó 05/10/2025
Data de inscrición: Do 11/08/2025 ó 05/10/2025
https://www.fundacion.udc.es/vegalsa-eroski/
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es
Premio ao mellor Traballo de Fin de Grao de Temática Galega do curso 2024-25 para os graos de Comunicación Audiovisual e Creación e Dixitalización, Animación e Videoxogos