Bolsas de formación Cátedra NTT DATA en Diversidad y Tecnología a Trabajos de Fin de Grado solidarios

Información xeral

A Cátedra NTT Data en Diversidade e Tecnoloxía ten entre os seus obxectivos fundamentais a colaboración na docencia da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, con especial atencón á diversidade, tanto entre o estudantado como no conxunto da sociedade. 

 

Por iso, continuando co seu traballo con distintas entidades sociais, convoca bolsas para a realización de Traballos de Fin de Grao en colaboración con ONG's 2024/25, dotándose tres bolsas (dúas para o Grao en Enxeñería Informática e unha para o Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos), cada unha por un valor de 3.200 €.

 

Dirixido a

Poderán optar ás axudas os/as estudantes que estén cursando a materia de Traballos de Fin de Grao dangunha das especialidades de Grao en Enxeñaría Informática, e que elixisen algún dos TFG's ofertados nos que se indique que opta a esta bolsa. Asígnaránse as bolsas as persoas coa nota do expediente académico máis alta. 
 
 
Formalización das solicitudes
O prazo de presentación iniciarase despois da asignación do TFGs por parte do centro e desde a data de publicación. 
 
 
Dotación económica
Cada unha das bolsas contará cunha axuda de 3.200 euros. A cantidade total dividiráse en dúas partes: 
  • 50% ao comezo do traballo. 
  • 50% despois de obter a cualificación mínima  "Aprobado" nalgunha das convocatorias de defensa dos TFGs do presente curso académico 2022/23.

 

Contacto

Para  calquer dúbida ou consulta as persoas poderán dirixila ao director da Cátedra NTT Data, Luis Hervella Nieto, no correo electrónico catedra.nttdata@udc.gal.
 
 
Bases de la convocatoria (consulta aquí, edición revisada)

Datas

Data de celebración: Do 11/09/2024 ó 20/06/2025

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/catedra-nttdata/

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Bolsas de formación Cátedra NTT DATA en Diversidad y Tecnología a Trabajos de Fin de Grado solidarios

  Datos
Data: Do 11/09/2024 ó 20/06/2025
Horario:
Lugar: A Coruña