Cena de gala 25,00 € Matrícula general sin reducción desde 01/02/25 200,00 € Matrícula estudiantes sin reducción desde 01/02/25 60,00 €
Tras as exitosas edicións de Granada (2016), Alacante (2018), A Lagoa-Tenerife (2021) e Barcelona (2023), SOCANTUR consolidouse como un referente na reflexión interdisciplinaria sobre as dimensións e impactos socioculturais, políticos e económicos do turismo. A quinta edición do Congreso Internacional de Socioloxía e Antropoloxía do Turismo - SOCANTUR terá lugar en 2025 na cidade da Coruña.
O V Congreso Internacional SOCANTUR terá lugar na Coruña do 11 ao 13 de xuño de 2025. Esta edición está organizada pola Facultade de Socioloxía e a Facultade de Turismo da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración co Grupo de Estudos Territoriais (GET). A súa sede será a Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da UDC, situada nun dos lugares máis emblemáticos da cidade, pois se atopa a poucos minutos do centro da cidade e do paseo marítimo de Riazor.
O presidente do Comité Organizador é D. Antonio Álvarez Sousa, catedrático de Universidade, decano da Facultade de Socioloxía e membro da Real Academia Galega de Ciencias, quen coordina esta edición do Congreso.
SOCANTUR é un punto de encontro e debate para sociólogos/as, antropólogos/as e membros doutras disciplinas sociais que traballan no ámbito académico, institucional, empresarial ou na sociedade civil organizada. O seu principal obxectivo é crear sinerxias e favorecer o desenvolvemento dun corpus de pensamento crítico e creativo sobre o sector turístico.
Así mesmo, nun contexto marcado por desafíos globais como a transición ecolóxica, a soberanía alimentaria, a descarbonización da economía, as desigualdades socioeconómicas e de xénero, SOCANTUR preséntase como unha plataforma clave para analizar estes retos desde unha perspectiva crítica e informada. O Congreso busca comprender as complexas conexións sociais e ambientais que inflúen no turismo, promovendo prácticas de xestión responsables e sostibles.
Do mesmo xeito, o obxectivo central do seminario de estudantes é fomentar un espazo de diálogo e sinerxia entre os doutorandos, promovendo o intercambio de ideas e a colaboración activa. A través da discusión e a análise das súas investigacións, búscase enriquecer o coñecemento colectivo e xerar novas perspectivas.
Na clausura do acto, o venres 13 de xuño, farase entrega dos premios TFM e Tese Doutoral, o Premio Internacional á Mellor Tese de Doutoramento en Socioloxía ou Antropoloxía do Turismo. A data límite de candidaturas é o 30 de novembro de 2024 ás 23:59h. Consulta as bases da convocatoria e inscrición aos premios a través da seguinte ligazón (pica aquí).
INFORMACIÓN
Web e información de contacto
Web: https://socantur.com/
Secretaría Técnica, Científica e Turística: congreso.socantur@udc.es
DOCUMENTACIÓN A APORTAR POR ESTUDIANTES:
Data de celebración: Do 11/06/2025 ó 13/06/2025
Data de inscrición: Do 20/12/2024 ó 10/05/2025
Data de matrícula: Do 20/12/2024 ó 10/05/2025
Tarifa Cena de gala: 25,00 €
Tarifa Matrícula general sin reducción desde 01/02/25: 200,00 €
Tarifa Matrícula estudiantes sin reducción desde 01/02/25: 60,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es