Comunicación e igualdade de xénero

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación corporativa organiza organiza unha xornada sobre "Comunicación e Igualdade de Xénero".

 

Na presente xornada farase a presentación da Colección de libros Comunicación 2030, dirixida pola profesora da UDC Carmen Costa e do primeiro exemplar (ODS5): “Hacia la igualdad de géneros. Comunicación para el empoderamiento femenino". A colección editorial, conformada por 17 títulos, cada un adicado a un Objetivo de Desarrollo Sostenible (#ODS), é froito da colaboración da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC  coa Editorial UOC e Vegalsa Eroski.


Logo da presentación haberá unha mesa de debate sobre a (Des)Igualdade de xénero no sector da #comunicación con Ana G. Liste, Xornalista, Vogal do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Inmaculada Postigo, Decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Málaga e Coordinadora da Rede Iberoamericana de Investigación en #Comunicación e #Feminismo para Xustiza Social (IBERFERCOM), Paula Cons, Xornalista, guionista, documentalista, directora de cine e productora e Marta Pérez, experta en estudios de Comunicación de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Información:

  • Celebración: Venres, 11 de outubro de 2024
  • Horario: 11:30 a 13:00h
  • Modalidade de asistencia: Presencial.
  • Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC (Campus de Elviña).
  • Período de preinscrición: do 1 de outubro ao 10 de outubro de 2024 (Por razóns de aforo da sala, a inscrición está pechada. Igualmente as persoas que non se inscribiron, poderán achegarse á xornada, tendo en cuenta só terán asento ás persoas rexistradas).
  • Inscrición gratuíta necesaria

Datas

Data de celebración: Do 11/10/2024 ó 11/10/2024
Data de inscrición: Do 01/10/2024 ó 10/10/2024

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/vegalsa-eroski/index.asp?id=78&idioma=GA

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Comunicación e igualdade de xénero

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 11/10/2024 ó 11/10/2024
Horario: de 11:30 a 13:00h
Lugar: Salón de Grados Fac. Ciencias Comunicación UDC