PRESENTACIÓN



No mes de xullo de 2021 nace a Cátedra Vegalsa-Eroski de compromiso social, comunicación e reputación corporativa, co obxectivo de contribuir ao benestar e á mellora da nosa sociedade a través de actividades de educación e divulgación, de investigación e de aplicación do coñecemento.

Tras máis dun ano de pandemia global e ante os retos recollidos pola Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, este proxecto de colaboración pretende sumar a súa aportación ao servizo da mellora da vida das persoas e do planeta.

No corazón da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC atópase unha filosofía clara: a importancia da comunicación con conciencia, unha comunicacion responsable e con valores, que axude á creación dunha contorna máis sustentable e dunha sociedade máis comprometida.

A partir deste núcleo central, a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC desprega tres liñas de actividade fundamentais:

a) Contribuir á promoción da saúde da xuventude así como do conxunto da sociedade, a través de iniciativas de divulgación, investigación e formación en hábitos saudables;

b) Contribuir á educación ambiental da xuventude así como do conxunto da sociedade, a través de accións de sensibilización hacia o coidado da contorna e dun consumo sostible; 

c) Fomentar a divulgación da comunicación con conciencia como ferramenta estratéxica relacional das organizacións no contexto actual.

Pretendemos ser un foro de referencia para a reflexión da sociedade nun contexto de pandemia global con consecuencias a nivel sanitario, económico e social e chegar a ser un polo de referencia a nivel autonómico e estatal sobre comunicación, saúde e sustentabilidade.

 

ACTIVIDADES

Unha veintena de asistentes participaron no seminario sobre empoderamento e hábitos saudables organizado pola Cátedra Vegalsa-Eroski UDC

Una veintena de persoas participaron no seminario “Empoderamiento en salud mental y hábitos saludables después de la jubilación”, impartido por Mercedes Seoane Bouza, organizado pola Cátedra Vegalsa-Eroski de compromiso social, comunicación e reputación corporativa e Alimentación Saludable en colaboración coa Universidade Sénior de la Universidade da Coruña (UDC).

Ler máis

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC pecha Outubro Saudable cun almorzo na Universidade Sénior de Ferrol

Como broche final ás actividades de Outubro Saudable, tivo lugar un Almorzo Saudable patrocinado pola Cátedra Vegalsa-Eroski UDC. Celebrouse o pasado 24 de outubro na Universidade Sénior de Ferrol.

Ler máis

A Cátedra Vegalsa-Eroski e a Universidade Sénior organizan un seminario sobre saúde mental e hábitos saudables

A profesora da Facultade de Ciencias da Saúde, Mercedes Seoane Bouzas, impartirá o seminario "Empoderamento en saúde mental e hábitos saudables despois da xubilación", organizado pola Universidade Sénior en colaboración coa Cátedra Vegalsa Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa.

Ler máis

EVENTOS E ENTREVISTAS

Premio ao mellor Traballo de Fin de Grao de Temática Galega do curso 2024-25 para os graos de Comunicación Audiovisual e Creación e Dixitalización, Animación e Videoxogos

A Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC e o Servizo de Normalización Lingüistica da UDC, en colaboración coa Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa, convocan

o premio ao mellor Traballo de Fin de Grao de temática galega do curso 2024-25, co fin de contribuír para a dinamización, difusión e uso da lingua galega. 

DIRIXIDO A

Poderá participar no Concurso todo o alumnado de Traballo Fin de Grao da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña que presentase o seu proxecto nalgunha das convocatorias do curso académico 2024-25.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

A data límite de inscrición e entrega do traballo é o 4 de outubro de 2025.

PREMIOS

Haberá dous premios, cada un de 250€. Un dedicado ao mellor TFG do Grao en Comunicación Audiovisual e outro para o mellor TFG do Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos.

Máis información e inscrición no seguinte enlace 

Consulta aquí as bases da convocatoria

IV Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Máster en [Criterios ASG e Propósito Corporativo] 

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa convoca a

cuarta edición do premio ao mejor Traballo fin de Máster (en adiante TFM)

realizado por estudantes que obtivesen nunha universidade galega (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo), mediante a realización dun TFM nalgunha temática relacionada directamente cos ‘Criterios ASG (ambientais, sociais e gobernanza) e o propósito corporativo’. 

DIRIXIDO A

Poderán optar ao premio todas/os aquelas/es egresadas/os, de cualquer nacionalidade, que defendiesen o seu TFM en calquera das universidades galegas (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) nos anos 2024 e 2025, obtendo unha calificación de sobresainte. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase coa publicación das presentes bases e rematará o 31 de decembro de 2025 ás 24:00 h. 

Máis información e inscripción no seguinte enlace

Consulta aquí as bases da convocatoria

ENTREVISTAS

"Todo Comunica"  é un novo espazo da Cátedra adicado a divulgar a importancia da xestión da comunicación e o xornalismo na nosa sociedade. 

Neste 8-M, contamos coa participación de Ana González Liste, xornalista galega gañadora do premio Sesé de Xornalismo ético para falar sobre feminismo e medios de comunicación. Aquí un adianto...

A entrevista completa aquí

Continúa Todo Comunica

Esta vez da man de Erika Domínguez Laíño, técnica de promoción e comunicación do CRDO Ribeiro. Coñeceremos as reviravoltas desta marca, así como a importancia de ser máis que un produto.

A entrevista completa aquí 

Todo Comunica regresa

Esta vez contamos con María Paz, directora de Solidariedade Internacional Galicia. Trasladámonos ata unha das súas tendas de comercio xusto para falar sobre diversos temas. 

A entrevista completa aquí 

Hoxe, 26 de abril de 2024 en "Todo Comunica", enxeño e curiosidade fusiónanse. Antón Veiga, director creativo de Recados Carmen, fálanos sobre a importancia da comunicación, entre moitas outras cousas.

Aquí un adianto...

A entrevista completa aquí

Hoxe, 9 de maio de 2024 "Todo Comunica" despidese da mellor maneira posible, e non é outra que en compañia de Fernando Carruesco, director de Atrevia Lab. Un proxecto moi ambicioso no que analizase o éxito de estratexias de comunicación. 

Aquí un adianto

A entrevista completa aquí

EVENTOS

III Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Máster en [Criterios ASG e Propósito Corporativo] (Prazo de inscrición finalizado)

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa convoca a

terceira edición do premio ao mejor Traballo fin de Máster (en adiante TFM)

realizado por estudantes que obtivesen nunha universidade galega (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) durante os anos 2023 e 2024, mediante a realización dun TFM nalgunha temática relacionada directamente cos ‘Criterios ASG (ambientais, sociais e gobernanza) e o propósito corporativo’. 

DIRIXIDO A

Poderán optar ao premio todas/os aquelas/es egresadas/os, de cualquer nacionalidade, que defendiesen o seu TFM en calquera das universidades galegas (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) nos anos 2023 e 2024, obtendo unha calificación de sobresainte. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase coa publicación das presentes bases e remataraá o 31 de decembro de 2024 ás 24:00 h. Ampliado ata o 10 de xaneiro de 2025 ás 24:00h.

Publicación resolución finalistas 23/05/2025 (consulta aquí)

Publicación resolución gañadores 28/05/2025 (consulta aquí)

Proxecto Soka. Música e teatro para a toma de conciencia sobre a violencia escolar. Rocío Chao Fernández, Aurelio Chao Fernández e Francisco C. Rosa Napal.

Traballo premiado pola Cátedra Vegalsa-Eroski de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa na 2ª edición dos premios “Mellor experiencia docente”, celebrado no marco das Xornadas de Innovación docente UDC o 20 de maio de 2022.

COMversacións. Ciclo de conversas sobre COMUNICACIÓN

No segundo dos encontros, que se celebrará o 4 de abril ás 13:00h na Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC; a Cátedra Vegalsa Eroski abordarán cuestións relacionadas cos Novos Retos para xestión de comunicación. 

Participan Cristina Aced, de UPF Barcelona School of Management; Tesa Díaz, presidenta de DIRCOM Galicia; Susana Ladra, coordinadora do Campus Innova e Carmen Costa, profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación e directora de la Cátedra.

Unha #COMversación sobre Medios sociais, intelixencia artificial e xestión de comunicación? Cristina Aced, de UPF Barcelona School of Management explícacho e falamos máis sobre iso o vindeiro 4 de abril ás 13:00 horas no Salón de Actos de Comunicación da UDC.

No primeiro dos encontros, que se celebrará o 7 de marzo ás 13:00h na Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC; a Cátedra Vegalsa Eroski debulla a relación entre Comunicación, Sustentabilidade e Confianza.

Escoita a Jessica Rey, de Comunicación e Marketing de Casa Grande de Xanceda; María Sande, Xefa de Comunicación Noroeste Iberia Coca-Cola e Marta Rey, profesora da Facultade de Económicas e investigadora no ámbito da sustentabilidade, e vente de conversa. 

Día Mundial da Radio. 13 de febreiro.

A directora da Cátedra Vegalsa Eroski, Carmen Costa explica a filosocía do proxecto e as actividades maís inmediatas. Podes escoitar aquí. 

Comunicar é saúde. Comunicación para a saúde na sociedade rede

A presente xornada reúne a académicos e profesionais para explicar e debatir, por unha parte, qué se está investigando en España no marco da comunicación para a saúde, e por outra, cómo trasladar información e consellos de saúde aos cidadáns nun contexto de multiplicidade de medios e plataformas. Esta é a primeira xornada que se organiza na Universidade da Coruña sobre esta temática. 

Celebración: 2 de decembro de 2021

Vídeo da xornada:

Experiencias #ComunicarSalud. Divulgar saúde nas redes

Saúde Mental por Iria Veiga

Mindfulness por Sandra Mosquera

Nutrición por Lidia Folgar






 

Próximos eventos:

  • 31/12/2025: Fin prazo de presentación de solicitudes do IV Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de #Máster en 'Criterios ASG e Propósito Corporativo'

Últimos eventos:

  • 05/10/2025: Fin prazo de presentación á convocatoria do Traballo de Fin de Grao de Temática Galega do curso 2024-25 para os graos de Comunicación Audiovisual e Creación e Dixitalización, Animación e Videoxogos
  • 17/09/2025: Inicio prazo de presentación á convocatoria do Traballo de Fin de Grao de Temática Galega do curso 2024-25 para os graos de Comunicación Audiovisual e Creación e Dixitalización, Animación e Videoxogos
  • 11/09/2025: Inicio prazo de presentación de solicitudes do IV Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de #Máster en 'Criterios ASG e Propósito Corporativo'
  • 11/06/2025: Renovación do convenio da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC, impulsada pola Universidade da Coruña, Vegalsa Eroski e Fundación Eroski
  • 28/05/2025: Resolución TFM beneficiarios da terceira edición do premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Mestrado en "Criterios ASG e Propósito Corporativo"_2024




DOCUMENTACIÓN



DESCARGAR O futuro da Intelixencia Artificial por Susana Ladra
DESCARGAR Novos retos para a xestión da comunicación por Cristina Aced
DESCARGAR Un mundo máis sustentable Comunicación, Sustentabilidade e Confianza por María Sande por Jessica Rey
DESCARGAR Un mundo máis sustentable Comunicación, Sustentabilidade e Confianza por María Sande
DESCARGAR Resolución Premio ao mellor Traballo de Fin de Grao de Temática Galega do curso 2024-25 para os graos de Comunicación Audiovisual e Creación e Dixitalización, Animación e Videoxogos_29.10.2025
DESCARGAR Bases II convocatoria do Premio ao mellor Traballo de Fin de Grao de Temática Galega do curso 2024-25 para os graos de Comunicación Audiovisual e Creación e Dixitalización, Animación e Videoxogos
DESCARGAR Bases convocatoria da IV edición do premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Máster en "Criterios ASG e Propósito Corporativo"_2024-2025
DESCARGAR Resolución gañadores do III Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Máster en [Criterios ASG e Propósito Corporativo]_28.05.2025
DESCARGAR Resolución finalistas do III Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Máster en [Criterios ASG e Propósito Corporativo]_23.05.2025
DESCARGAR Bases convocatoria da III edición do premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Mestrado en "Criterios ASG e Propósito Corporativo"_2023-2024
DESCARGAR Resolución Premio ao mellor Traballo de Fin de Grao de Temática Galega do curso 2023-24 para os graos de Comunicación Audiovisual e Creación e Dixitalización, Animación e Videoxogos_20.12.2024
DESCARGAR Bases convocatoria do Premio ao mellor Traballo de Fin de Grao de Temática Galega do curso 2023-24 para os graos de Comunicación Audiovisual e Creación e Dixitalización, Animación e Videoxogos
DESCARGAR Resolución TFM beneficiarios da segunda edición do premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Mestrado en "Criterios ASG e Propósito Corporativo"_2023
DESCARGAR Resolución provisional dos traballos admitidos do II Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Máster en [Criterios ASG e Propósito Corporativo]_8.1.2024
DESCARGAR Bases da segunda edición do premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Máster en [Criterios ASG e Propósito Corporativo]
DESCARGAR Bases convocatoria da primeira edición do premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Mestrado en "Criterios ASG e Propósito Corporativo"_2022
DESCARGAR Resolución TFM beneficiarios da primeira edición do premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Mestrado en "Criterios ASG e Propósito Corporativo"_2022
DESCARGAR Programa xornada Comunicación e igualdade de xénero_11.10.2024
DESCARGAR Seminario "Saúde, (des)información e redes sociais"_9 ao 30 de novembro de 2023
DESCARGAR Programa I Xornada de Divulgación Social

FINANCIAMENTO



A Cátedra Vegalsa-Eroski conta desde o ano 2025 cun financiamento anual de 20.000 euros.

 

ENTIDADES COLABORADORAS







 

CONTACTE CON NÓS





Dirección da Cátedra
Dna. Carmen Costa Sánchez
E-mail 1: carrmen.costa@udc.es
E-mail 2: comunicacion@fuac.es