III Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Mestrado en [Criterios ASG e Propósito Corporativo]

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa, impulsada polo grupo Vegalsa Eroski e a Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos fundamentais promover o coñecemento en materia de sustentabilidade e responsabilidade social presente e futura, ligando a actividade organizacional ao beneficio do conxunto da sociedade e da súa contorna.


O propósito corporativo recolle a importancia de que empresas e organizacións xeren un beneficio social e ambiental e non só un retorno económico. O cumprimento con estándares elevados en materia ambiental, social e de transparencia, así como asumir os principios de bo goberno corporativo supón o recoñecemento do camiño do compromiso social cara ás transformacións acordadas na Axenda 2030. 

 

Por iso, a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa convoca a 

 

terceira edición do premio ao mellor Traballo fin de Mestrado (en adiante TFM)

 

realizado por estudantes que obtivesen un Mestrado nunha universidade galega (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) durante os anos 2023 e 2024, mediante a realización dun TFM nalgunha temática relacionada directamente cos ‘Criterios ASG (ambientais, sociais e gobernanza) e o propósito corporativo’.


DIRIXIDO A

Poderán optar ao premio todos aqueles/as titulados/as, de calquer nacionalidade, que  defenderan o seu TFM en calquera das universidades galegas (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) nos anos 2023 e 2024, obtendo unha calificación de sobresainte.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase coa publicación das presentes bases e rematará o 31 de decembro de 2024 ás 24:00 h. Ampliado ata o 10 de xaneiro de 2025!!

 

Publicación resolución gañadores 28/05/2025 (consulta aquí)

 

CONTACTO

Para calquer dúbida ou consulta as persoas candidatas poderán dirixila ao Xurado da Cátedra na dirección de correo electrónico: catedravegalsaeroski@gmail.com co asunto "III Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Mestrado en [Criterios ASG e Propósito Corporativo]". 

 

No site da Cátedra indicado nestas bases detállanse as formas de contactar coa Cátedra.

 

A Directora da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa.
Carmen Costa Sánchez

Documentación a achegar

  • Resumo do seu TFM dun máximo de 5 carillas DinA4
  • Curriculum Vitae
  • Documento xustificativo ter sido estudante nalgún máster dalgunha das tres universidades do SUG (UDC, USC ou UVIGO) (opcional)

Datas

Data de celebración: Do 16/09/2024 ó 30/04/2025
Data de inscrición: Do 17/09/2024 ó 10/01/2025

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/vegalsa-eroski/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

III Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Mestrado en [Criterios ASG e Propósito Corporativo]

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 16/09/2024 ó 30/04/2025
Horario:
Lugar: A Coruña