Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
O VI Encontro Intercongresual do Comité de Investigación de Socioloxía do Traballo da Federación Española de Socioloxía (FES) celebrarase os días 29 e 30 de xuño de 2023 na Universidade da Coruña, na Facultade de Socioloxía, organizado polo Comité de Investigación de Socioloxía do Traballo.
Como en edicións anteriores, este encontro ten un dobre obxectivo: por unha banda, fomentar o intercambio de coñecemento ao redor da realidade social do traballo; doutra banda, contribuír a tecer redes de contacto e colaboración entre as sociólogas e sociólogos que se dedican a analizar o traballo en distintos territorios e contornas académicas. Así, este encontro é un espazo de aprendizaxe e intercambio onde teñen cabida tanto os resultados de investigacións xa concluídas como aqueles traballos que se atopan “en proceso” de elaboración.
INFORMACIÓN
Datas: 29 e 30 de xuño de 2023
Lugar de celebración: Aulas 1.3 e 1.4 da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña (Galicia), Campus de Elviña 15071 A Coruña.
Horario: xoves de 9:00 a 19:00H e venres de 9:00 a 15:00H.
Período de inscrición: do 20 de maio ao 18 de xuño de 2023.
Período de matrícula: do 20 de maio ao 18 de xuño de 2023.
Matrícula:
![]() |
![]() |
Documentación a achegar por estudantes:
Data de celebración: Do 29/06/2023 ó 30/06/2023
Data de inscrición: Do 20/05/2023 ó 20/06/2023
Data de matrícula: Do 20/05/2023 ó 20/06/2023
Tarifa oficial: 50,00 €
Tarifa bonificada: 25,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
VI ENCONTRO INTERCONGRESUAL do Comité de Investigación de Socioloxía do Traballo da Federación Española de Socioloxía (FES)