Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Mestrado en [Criterios ASG e Propósito Corporativo]

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa, impulsada polo grupo Vegalsa Eroski e a Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos fundamentais promover o coñecemento en materia de sustentabilidade e responsabilidade social presente e futura, ligando a actividade organizacional ao beneficio do conxunto da sociedade e da súa contorna.


O propósito corporativo recolle a importancia de que empresas e organizacións xeren un beneficio social e ambiental e non só un retorno económico. O cumprimento con estándares elevados en materia ambiental, social e de transparencia, así como asumir os principios de bo goberno corporativo supón o recoñecemento do camiño do compromiso social cara ás transformacións acordadas na Axenda 2030. 


De feito, o Congreso dos Deputados vén de aprobar a creación dunha nova figura xurídica, as Sociedades de Beneficio e Interese Común (SBIC), que recoñecerá as Empresas Con Propósito en España.
Por iso, a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa convoca a 

 

Primeira edición do premio ao mellor Traballo fin de Mestrado (en adiante TFM)

 

realizado por estudantes que obtivesen un Mestrado nunha universidade galega (Universidade da Coruña, Universidad de Santiago de Compostela y Universidad de Vigo) durante os anos 2021 e 2022, mediante a realización dun TFM nalgunha temática relacionada directamente cos  ‘Criterios ASG (ambientais, sociais e gobernanza) e o propósito corporativo’.


DIRIXIDO A

Poderán optar ao premio todos aqueles/as titulados/as, de calquiera nacionalidade, que  defenderan o seu TFM en calquera das universidades galegas (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) nos anos 2021 e 2022, obtendo unha calificación de sobresainte.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase coa publicación das presentes bases e rematará o 31 de decembro de 2022 ás 24:00 h.

 

CONTACTO

Para cualquer dúbida ou consulta as persoas candidatas poderán dirixila ao Xurado da Cátedra na dirección de correo electrónico: comunicación@fuac.es.

No site de la Cátedra indicado nestas bases detallanse as formas de contactar coa Cátedra.

 

A Directora da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa.
Carmen Costa Sánchez

Documentación a achegar

  • Curriculum Vitae
  • Resumo do seu TFM dun máximo de 4 carillas DinA4

Datas

Data de celebración: Do 20/09/2022 ó 31/03/2023
Data de inscrición: Do 20/09/2022 ó 31/12/2022

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/vegalsa-eroski/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Mestrado en [Criterios ASG e Propósito Corporativo]

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 20/09/2022 ó 31/03/2023
Horario:
Lugar: Oleiros