Español para preparación do DELE B2

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

Curso en modalidade presencial para obter o Diploma de español DELE B2, título oficial acreditativo do grao de competencia e dominio do idioma español que outorga o Instituto Cervantes. Neste curso o alumnado familiarizarase coa estrutura das probas (comprensión de lectura, comprensión auditiva, expresión e interacción escritas e expresión e interacción orais) que compoñen o exame, para o que se lle proporcionarán técnicas e estratexias para superar cada unha das partes da proba. Durante o curso realizaranse actividades de práctica que permitirán revisar e afondar nos contidos gramaticais, léxicos e funcionais do nivel B2, acompañadas doutras tarefas contextualizadas e recursos para levalas a cabo, e dotarase aos estudantes das habilidades e estratexias necesarias para superar as catro probas. Así mesmo, proporcionaranse consellos útiles para o exame, indicacións para a realización das tarefas das probas e modelos de probas de exames que reproducen fielmente os exames oficiais.

DURACIÓN: 30 horas

Documentación a achegar

Debe achegar o seu documento de identificación persoal

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 26/09/2022 ó 14/12/2022
Data de inscrición: Do 06/09/2022 ó 15/09/2022

Importes

Tarifa oficial: 120,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Español para preparación do DELE B2

  Datos
Data: Do 26/09/2022 ó 14/12/2022
Horario: Lunes y míércoles de 19:00 a 20:30 horas
Lugar: CORUÑA
Matrícula: 120,00 €