VII Máster en Comunicación Deportiva

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Máster en Comunicación Deportiva está destinado a licenciados, estudantes ou profesionais aos que se lles proporcionará coñecementos no ámbito da comunicación deportiva, claves na organización e na estrutura  das institucións, atenderase aos diversos soportes: prensa, radio, televisión e medios dixitais, así como formación en e-sports e novas plataformas. 

 

O programa formará aos alumnos en planificación deportiva, xestión económica, ordenación xurídica, organización deportiva, organización de eventos, comunicacións atendendo a todas as súas vertentes, así como xestión de orzamentos en materia de publicidade e patrocinio deportivo. 

 

Os coñecementos adquiridos no Máster permitiranlle a consecución dunha vantaxe competitiva aos alumnos, permitindo a aplicación inmediata dos mesmos na súa carreira profesional, atendendo á natureza práctica do Mestrado.

 

INFORMACIÓN

  • Datas de impartición: do 21 de outubro de 2022 ao 24 de xuño de 2023.
  • Lugar: Aulas da Facultade de Ciencias da Comunicación, Campus de Elviña, Coruña. C.P.:15008.
  • Horario: xoves e venres de 16:00 a 21:00h
  • Número de alumnos: mínimo 7, máximo 25.
  • Créditos: 60 ECTS.
  • Modalidade: Presencial.
  • Avaliación: Avaliación continua a través da asistencia e participación en clase.*

*É obrigatoria a presentación dun Proxecto fin de Máster/Tesina.

  • Preinscrición e matrícula:
    • Período de preinscrición: ata o 9 de outubro de 2022.​
    • Período de matrícula: 10 días posteriores á aceptación (útlimo día o 21 de outubro).

 

REQUISITOS DE ACCESO

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulado universitario.

  2. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.

  3. Acreditar ter superados 180 créditos dos estudios de grado cando nestes créditos estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comús do título de grado. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, logo da solicitude individual e razonada da persona interesada e do informe vinculante do Consello de Gobierno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.

  4. Posúir un título propio da UDC de primeiro ciclo o de segundo ciclo.

 

PREINSCRICIÓN

Os alumnos interesados en cursar o posgrado deberán preinscribirse (sen abono de taxas) ata o 9 de outubro de 2022, tendo en conta que o día límite deberá ter aportado a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.

 

En caso de solicitar bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscripción, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

 

MATRÍCULA

Tras o proceso de preinscrición e a realización dunha entrevista personal, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula, tenndo que aportar inicialmente unha reserva de praza do 10% do importe total do curso. O pago da reserva de praza realizarase nos 10 días posteriores á aceptación.

 

A matrícula ten un custo de 5.500 euros, que o alumno poderá satisfacer nun ou dous prazos. Tamén poderase solicitar outras modalidades de pagamento, atendendo a unha maior flexibilidade nas cuotas.

 

En caso de solicitar bolsa, realizarase todo o proceso de envío de documentación, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

 

FORMAS DE PAGO*

  • Pago único: 

Abonarase o 90% restante antes do 21 de outubro de 2022.

 

  • Pago aprazado

Abonarase nun primer plazo un 45%  antes do 21 de outubro de 2022.

Abonarase nun segundo plazo o 45% na primeira semana de xaneiro de 2023.

 

*Consultar outras modalidades de pago / flexibilidade nas cuotas.

 

SOLICITUDE DE BECA 

Existe un programa de bolsas dende o 15% ata o 100% do importe total da matrícula, que se poderán solicitar en primeira instancia ata o 15 de xullo e en segunda convocatoria ata o 9 de outubro de 2022.

 

Para a concesión das bolsas atenderase aos seguintes criterios:

  • De renta.
  • Académicos.

 

Os solicitantes que aleguen unha disminución drástica dos ingresos da unidade familiar ou unha mala situación económica, creada o sobrevinda, e sempre que a xuizo do Comité de Avaliación se considere xustificada.

 

Para a súa obtención, atenderase á valoración dos seguintes criterios da unidade familiar (total ou parcial). Toda a documentación a aportar detállase máis abaixo. 

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA A APORTAR

  1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, firmado e que se vexa completo:
    • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico personal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividade, tarxeta de PAAU.
  3. C.V. 
  4. Títulos correspondentes a recoñecementos de nivel de idiomas, se dispuxese deles.
  5. Documentación da bolsa, en caso de aplicar.

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR EN CASO DE SOLICITUD DE BOLSA

Para a obtención de beca, atenderase á valoración dos seguintes criterios da unidade familiar (total ou parcial):

a) Situación legal de desemprego.

b) Separación ou divorcio de feito ou de dereito / Familias monoparentais.

c) Discapacidades ou minusvalías.

d) Enfermidades graves.

e) Pensionistas.

f) Consecuencias sociais que afecten negativamente á situación económica.

g) Historial de becas concedidas con anterioridade.

h) Estudiantes extranxeiros.

 

Deberase aportar ademáis:

- Expediente académico completo.

- Declaración da renda.

- Carta de motivación.

Créditos

Créditos: 60

Datas

Data de celebración: Do 21/10/2022 ó 24/06/2023
Data de inscrición: Do 08/06/2022 ó 18/10/2022
Data de matrícula: Do 08/06/2022 ó 12/01/2023

Web oficial

https://mastercomunicaciondeportivaudc.wordpress.com/

Importes

Tarifa oficial (en varios prazos): 2.475,00
Tarifa bonificada: 440,00
Tarifa becado 50%: 1.100,00
Tarifa becado 30%: 1.650,00
Tarifa becado 40%: 1.375,00
Tarifa becado 90%: 247,50
Tarifa becado 20%: 1.925,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

VII Máster en Comunicación Deportiva

  Datos
Data: Do 21/10/2022 ó 24/06/2023
Horario: Jueves y Viernes de 16:00 a 21:00h
Lugar: Fac. de Ciencias de la Comunicación UDC. A Coruña