Formación

Ciencias Aplicadas a Arqueoloxía

Inscripción

Prazo de inscripción pechado.

Información xeral do curso

Impartición do curso do 24 de abril ao 1 de xuño do 2017, a docencia non presencial do 24 de abril ao 26 de maio do 2017 e a docencia presencial do 29 de maio ao 1 de xuño do 2017.

 

- Preinscripción do 9 ao 22 de mazo do 2017.

- Matrícula de 195€ do 27 de marzo ao 7 de abril do 2017.

- Existen 2 bolsas do 50% da matrícula a solicitar do 9 ao 22 de marzo do 2017.

- Lugar de celebración: Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Campus de Elviña, A Coruña, mapa de situación.

- Requisitos de acceso: Serán admitidos os alumnos/as que poidan acreditar algunha das seguintes condicións.

1- Ser titulado universitario.

2- Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.

3- Persoas sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios.

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou a traxectoria profesional do alumno.

Os criterios específicos serán os seguintes:

1- Terán preferencia os alumnos cunha titulación universitaria en Historia ou Arqueoloxía.

2- Currículo profesional vinculado ao campo da Arqueoloxía.

3- Ter realizado previamente outros cursos de Historia ou Arqueoloxía.

4- Valoraranse outras circunstancias e intereses persoais tales como ter outra titulación universitaria ou ter superado 180 créditos de grao en Historia ou Arqueoloxía.

 

Horario e Docencia:

 

Docencia a distancia (a través da plataforma Moodle) do 24 de abril ao 25 de maio do 2017.

Docencia presencial (horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00; Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Campus de Elviña), do 29 de maio ao 1 de xuño do 2017.

 

Mais información: xeoloxía@udc.es

Documentación a achegar

Documentación preinscripción.

1- DNI,  pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo
2- Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, firmado e que se vexa completo.Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou 180 créditos de grao. 

3- C.V. 

4- Carta dirixida a dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o postgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.

Créditos

Créditos do curso: 8

Datas

Data de celebración: Do 24/04/2017 ó 01/06/2017
Data de inscripción: Do 09/03/2017 ó 22/03/2017

Documentación anexa

Descargar documento do curso

Importes

Tarifa oficial: 195,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: sisanchez@correo.udc.es

Comparte esta información

Ciencias Aplicadas a Arqueoloxía

  Documentación anexa
Descargar documento do curso
  Datos do curso
Data: Do 24/04/2017 ó 01/06/2017
Horario: variable según día, 9:00h a 14:00h y de 16:00h a 19:00h
Lugar: A CORUÑA
Matrícula: 195,00 €